23/2/24
DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO
O NOSO PATRIMONIO
Xa que estamos indagando no noso patrimonio , tivemos unha charla moi interesante, para seguir aprendendo un montón de información nova sobre este tema.
Aprendimos moito!!!
Moitas grazas Silvia, pola túa sabedoría!
20/2/24
FORMACIÓN SOGAMA
ENTROIDO 2024
A rapazada de 2º de primaria, estivo a facer un libriño dos diferentes entroidos de Galicia, quedoulles impresionante.
8/2/24
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024 - UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO
Este luns 5 de febreiro , tivemos un obradoiro de radio coa asociación Ponte nas Ondas.
Estiveron no obradoiro a rapazada de 4º e 5º de Primaria e logo pola tarde, os mestres e mestras tiveron formación .
Agradecer a Damián, a súa colaboración connosco, pois sempre nos sorprende co seu ben facer.
Xa que este ano a UNESCO propuxo como lema :
UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO.
Pareceunos que estaría estupendo celebrar o Día Mundial da Radio cun obradoiro , para continuar educando, entretendo e informando, e así fixemos. Por enriba, tivemos a oportunidade de elaborar e facer unha entrevista a Xerardo Feijoo, fundador, coordinador , etc,..., da Asociación Ponte nas Ondas, onde o seu papel máis esencial foi ser un mestre incansable e vocacional, onde as súas gañas de ensinar e compartir , levárono xunto con outros compañeiros/as a fundar esta Asociación de PNO, para dar difusión e transmisión do Patrimonio común entre galegos e portugueses.
Grazas Xerardo , por compartir a túa sabedoría e o teu tempo , aínda despois de estar xubilado!
29/1/24
UNHA LONGA VIAXE- PAZ E NON GUERRAS
Mañá martes é o 30 de xaneiro e a rapazada da nosa escola ,esta semana pasada, estivo preparando un audioconto relacionado coa temática, onde alumnado de diferentes clases estivo preparándoo con toda a súa ilusión.
Abofé que resultou unha actividade moi interesante, entretida e educativa para concienciar a alumnos e alumnas sobre os retos e desafíos que na época que estamos a vivir, seguen a ter que sofrir tantas e tantas familias, onde os máis perxudicados son os nenos e nenas.
POR UN MUNDO SEN FRONTEIRAS
POR UN MUNDO SEN GUERRAS
Desexamos que o gocedes tanto como gozamos nós facéndoo.
22/1/24
MÚSICAS PACIFICADORAS - DÍA DA PAZ
A nosa rapazada está a preparar a celebración do Día Mundial da Non violencia, coa grabación de músicas pacificadoras na nosa radio escolar, onde as súas voces levarán notas musicais cheas de amor, solidariedade, empatía, comprensión e sobre todo PAZ polas ondas do Mundo.
20/12/23
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez,
por iso por este Nadal pide un libro para soñar.
Desexámosvos unhas Felices Festas !!!
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A rapazada da nosa escola púxose na pel das persoas con diversidade funcional. Actividades como pintar coa boca, facer un recorrido cos ollos vendados, etc..., foi todo un reto para empatizar e visibilizar a colectivos e a persoas con diversidade funcional , así como o respecto e a educación na diversidade.
Logo, toda a comunidade educativa participou na carreira ENKI que consiste nunha carreira de obstáculos adaptados e un espazo de solidariedade, que pretende sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a súa realidade.
Resultou unha xornada divertida, educativa e solidaria.
Moitas grazas, a toda a comunidade educativa polas súas gañas de participación e colaboración.
27/11/23
O MES DA CIENCIA- SEMENTEIRAS DE CURIOSIDADES CIENTÍFICAS
Neste mes de NOVEMBRO, a ciencia vai estar sempre presente polos nosos corredores e polos nosos altofalantes., informando e investigando sobre as nosas plantas, o seu crecemento, reprodución, etc,...







.png)








.png)

.png)



.png)


.png)

