23/2/24

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO

 Co motivo da celebración  do 187 aniversario do nacemento, dunha das figuras culturais literarias galegas máis importante, hoxe no noso centro educativo homenaxeamos  a Rosalía de Castro, facendo un mural quebracabezas, onde cada curso tiña que decorar a súa parte e logo unilo todo, para finalmente gozar dese magnífico traballo.

Resultou unha labor en equipo estupenda!

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!

A rapazada de 4º e 5º de primaria, crearon unha poesía como agasallo a Rosalía, que grabaron na nosa radio Lorolareto, e logo editaron.
Quedoulles fantástica!!!




O NOSO PATRIMONIO

 Xa que estamos indagando no noso patrimonio , tivemos unha charla moi interesante, para seguir aprendendo un montón de información nova sobre este tema.

Aprendimos moito!!!

Moitas grazas Silvia, pola túa sabedoría!



20/2/24

FORMACIÓN SOGAMA

 



A rapazada está a aprender moito sobre a reciclaxe , polo que despois dos recreos sempre fan a recollida de papel e cartón, envases e materia orgánica das nosas merendas.




ENTROIDO 2024

ENTROIDO OLÍMPICO
 Neste entroido 2024, a rapazada do noso centro, celebrou esta festa, que tanto fascina ao alumnado, cun desfile olímpico, onde cada aula puxo imaxinación para representar co seu disfrace, ao deporte olímpico escollido , dentro do  Proxecto de centro: Os xogos Olímpicos.

Abofé que foi un día espectacular!

Logo do desfile e os diferentes espectáculos no noso salón de actos, tivemos merendas típicas desta festa xunto coas familias.



Deixámosvos cun vídeo onde podedes gozar do desfile e das actuacións deste entroido 2024!

A rapazada de 2º de primaria, estivo a facer un libriño dos diferentes entroidos de Galicia, quedoulles impresionante.



8/2/24

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024 - UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO


Este luns 5 de febreiro , tivemos un obradoiro de radio coa asociación Ponte nas Ondas. 

Estiveron no obradoiro a rapazada de 4º e 5º de Primaria e logo pola tarde, os mestres e mestras tiveron formación .

Agradecer a Damián, a súa colaboración connosco, pois sempre nos sorprende co seu ben facer.

Xa que este ano a UNESCO propuxo como lema :

 UN SÉCULO INFORMANDO, ENTRETENDO E EDUCANDO.


Pareceunos que estaría estupendo celebrar o Día Mundial da Radio cun obradoiro , para continuar educando, entretendo e informando, e así fixemos. Por enriba, tivemos a oportunidade de elaborar e facer unha entrevista a Xerardo Feijoo, fundador, coordinador , etc,..., da Asociación Ponte nas Ondas, onde o seu papel máis esencial foi ser un mestre incansable e vocacional, onde as súas gañas de ensinar e compartir , levárono xunto con outros compañeiros/as a fundar esta Asociación de PNO, para dar difusión e transmisión do Patrimonio común entre galegos e portugueses.

Grazas Xerardo , por compartir a túa sabedoría e o teu tempo , aínda despois de estar xubilado!


OBRADOIRO DE RADIO - FEBREIRO 2024  

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails