30/5/23

CONTACONTOS -SORPRESA- A XANELA DO MAXÍN


 Esta semana tivemos un contacontos, a cargo da Xanela do Maxín:                                               "SORPRESA"
Abofé que foi todo un pracer contar con esta magnífica contacontos, que nos divertiu e instruíu nun tema tan importante como é o coidado e respecto do medio ambiente.
Catro caixas de diferentes cores, todas elas relacionadas coa Natureza. 
A caixa azul tiña a sorpresa do coidado das plantas e o coidado da auga, tan importante e necesaria para a nosa vida e cada vez un ben máis escaso.
Deste xeito tan ameno, comezan as nosas actividades para visualizar e celebrar o día Mundial do Medio ambiente, este 5 de xuño.
SORPRESA 

28/5/23

LETRAS GALEGAS 2023





Este ano 2023, as Letras galegas son adicadas a Francisco Fernández Del Riego.
 O 17 de maio de 1963, xunto con outros dous académicos que asinaron a proposta, Fernández del Riego presentou a idea de celebrar anualmente un día dedicado á nosa lingua e á nosa literatura. Daquela cumpríanse cen anos da primeira edición de Cantares Gallegos, o primeiro libro en galego de Rosalía de Castro. A proposta foi adiante, van sesenta anos dende entón.
 O Día das Letras Galegas é xa festa grande da nosa cultura, que se celebra dentro e fóra do país, alí onde Galicia existe como tal, nas comunidades galegas de todo o mundo. 
Este ano, Eva Mejuto escribíu a biografía de Francisco Fernández del Riego, para que coñezades un chisquiño máis o autor,  nunha obra de teatro na que os protagonistas son os obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida.
A rapazada de 5º de Primaria, elaborou ilustracións das personaxes xunto con códigos QR , que cando os nenos e nenas os escanean coas tablets, poden escoitar a información dos personaxes cos audios feitos por este alumnado.
As cousas de Don Paco  


Abofé que fixeron un traballo espectacular!!!



Deixámosvos co Vídeo mensual do equipo de EDLG, relacionado con festividades da contorna  
Abofé que o fixeron fantástico!!!



18/5/23

OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS

Que pracer é ter de novo connosco a Damián Alonso, un gran domador da voz , que este ano como os anteriores, dende a nosa incorporación ao Programa Radio na Biblio, sempre está a compartir e ensinar a esta nosa rapazada .

Hoxe día 18 de maio, a rapazada de 4º e 5º de Primaria, foi partícipe desta xornada de formación, para poder aprender técnicas de voz, de edición de podcasts, etc..., en definitiva, ser máis coñecedores dos segredos que agocha unha radio.


Parabéns rapazada, polo voso ben facer!!!


15/5/23

MES DAS FLORES E DAS LETRAS

                                    ESTE MAIO FLORIDO,

CHEO DE LETRAS E FLORES, 

FAI DESTE MES COLORIDO,

UN SERESÍN , SERESÁN ,

DE CANTIGAS QUE VIRÁN.


Como xa fixemos en cursos anteriores, estamos a xuntar as flores dos maios coas letras galegas, ambas datas tan significativas e tradicionais na nosa cultura galega.

Esta semana, teremos diferentes actividades para celebralo, polo que teremos, elaboración de xincanas, escape room, alfombra de flores para adicarlla ao homenaxeado deste ano 2023, Francisco Fernández del Riego, podcasts, etc...

Mentres ímosvos deixar cun podcast de fai uns anos, onde rapazada do colexio cantou diferentes cantigas da zona, para celebrar os Maios.


MILLADOIRO- "Aires da Terra" CD2- 4. MUÑEIRA DE PONTESAMPAIO

Deixámosvos cun conto para Educación Infantil:
"O misterioso salouco de Don Paco."
E un pasapalabra , para Primaria, onde poderaś disfrutar do xogo e comprobar os coñecementos sobre Francisco  Fernández del Riego.

//Afundación
Obra Social ABAN

2/5/23

CONTACONTOS E AUDIOCONTOS CON ILUSIÓN

 
O venres 28 de abril, a rapazada de 6º estivo a facer contacontos para os diferentes cursos, empezando a súa andaina contadora polos máis pequerrechos de Infantil,1º e 2º de primaria.
Por outra banda, tamén organizaron un audioconto, con algún alumnado de 2º de primaria.
Foi toda unha sorpresa!!!
Fixérono fenomenal!

CONTACONTOS CON ESTEFANÍA PADULLÉS

Despois deste contacontos tan divertido que nos ilustrou en directo a nosa amiga Estefanía Padullés  estivemos con ela para facerlle unha entrevista, da cal aprendimos moitas cousas sobre ela e a súa carreira de literatura infantil. E a algúns de nós, fíxonos o favor de facernos unha dedicatoria a cal levaba un debuxo feito por ela. 
Sen máis, deixámosvos coa entrevista!


Esperamos que vos gustara e que e aprederades moitas máis curiosidades sobre ela.  E deixamos unhas fotos aquí abaixo para que vexades como foi todo. 


Agradecementos a Estefanía Padullés, por compartir a súa sabedoría connosco.
Ata outra rapazada!!!

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails