26/3/16

THEATER PLAYS II

Neste mes de marzo no colexio de Andrade asistimos a un ciclo de teatro en inglés, coa representación de tres contos clásicos:

"The Three Billy Goats".
"Cinderella".
"The Three Little Pigs".

O xoves día 10 tivo lugar a segunda representación, a cargo do alumnado de 6º curso.
Desde aquí queremos felicitar aos actores e actrices que tan ben o fixeron.
PARABÉNS!!!
Deixámosvos o vídeo e unha pequena reportaxe fotográfica:

25/3/16

MULLER, POESÍA E MANUEL MARÍA.

O venres 18 celebramos o Día da Poesía, cun recitado de poemas de Manuel María, do seu libro "Os Soños na Gaiola", adicados ás nosas mulleres de cada día:

Os nenos e nenas de Infantil e 1º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os axudan, cada día, a descubrir o noso mundo.


Os nenos e nenas de 2º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que comparten cada día, os xogos con eles.


Os nenos e nenas de 3º e 4º curso recitaron uns poemas adicados ás mulleres que os ensinan a respetar e valorar os animais.


Os rapaces e rapazas de 5º e 6º curso recitaron uns poemas adicados 
ás mulleres que os ensinan cada día o valor das pequenas cousas.

Tamén cantamos catro cancións de poemas musicados de Manuel María: "O meu burriño", "O Grilo", "O meu barco" e "A roda roda"
Enlace ao blog de música AQUÍ .

Ao remate do acto, a nosa mascota Raioteca agasallounos cun poema de Manuel María.





8/3/16

MULLER E POESÍA.

A Biblioteca “Soños de Andel” elabora un díptico co motivo das celebracións deste mes de marzo:
8 de marzo: Día Internacional 
da Muller
21 de marzo: Día Mundial 
da Poesía.
 O "Día da Muller" irá da man do "Día da Poesía", e os dous xirarán arredor dos poemas "Os soños na gaiola", do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: Manuel María. 
Selección de poemas dos cales cada alumno/a poderá elixir un para ilustrar, e adicar a unha muller moi especial:







7/3/16

THEATER PLAYS

O Día Mundial do Teatro foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) e celébrase anualmente o 27 de Marzo. Todos os anos unha personalidade de dimensión mundial redacta unha mensaxe.
Neste mes de marzo no colexio de Andrade asistimos a un ciclo de teatro en inglés, coa representación de tres contos clásicos:
O xoves día 3 tivo lugar a primeira representación, a cargo do alumnado de 4º curso.
Desde aquí queremos felicitar aos actores e actrices que nos fixeron pasar un rato tan divertido.
PARABÉNS!!!
Deixámosvos o vídeo e unha pequena reportaxe fotográfica:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails