8/3/26

DÍA DA MULLER -8M


Hoxe no noso centro escolar celebramos o Día da Muller cunha xornada chea de aprendizaxes, reflexión e creatividade. Coa colaboración da Asociación EuroEume, Nerea e Lúa montaron un punto violeta, un espazo de encontro e visibilización onde o alumnado puido participar en diferentes obradoiros e xogos relacionados coa igualdade, o respecto e o papel das mulleres na sociedade.

A través destas actividades, fomentouse o diálogo e a conciencia sobre a importancia de construír un mundo máis xusto e igualitario. Foi unha experiencia enriquecedora que encheu o colexio de cor, ideas e compromiso.

1/3/26

DÍA DE ROSALÍA-23 DE FEBREIRO



Para este día tan especial de Rosalía celebrar,
a nosa rapazada de 6º de primaria estivo a preparar,
un podcast para a vida desta poetisa oralizar,
e con gran ilusión  poemas recitar,
para aos vosos oídos deleitar.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails