"Non é tan extraño" é un programa de prevención que a asociación ADAFAD está impartindo no colexio.
Neste programa @s monitores traballan c@s alumnos/as do terceiro ciclo de Educación Primaria ao longo de varias sesións, tratando de promover hábitos de vida saudables e relacións personais positivas, prestando especial atención ao adecuado manexo, tanto de xénero, como das diferencias culturais, de raza etc. como base dunha educación para a convivencia.
23/3/10
20/3/10
DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Intercambio de poemas no Plambe Ferrolterra.
Hoxe 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Na súa mensaxe, a Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, sitúa esta celebración no contexto do Ano Internacional de Achegamento das Culturas. Por iso subliña a UNIVERSALIDADE DA POESÍA e o feito de que esta sexa un territorio onde os pobos poden atoparse.
Este curso, entre algúns centros da comarca de Ferrolterra xurdiu a idea de facer intercambios de Poesía. Eses poemas serven como agasallo para o alumnado dos centros participantes.
Parabéns a todos eses nenos e nenas que comparten o seu traballo e grazas a Rosana pola súa iniciativa.

FELIZ DÍA DA POESÍA!!!
Estes son os poemas que recibimos no noso colexio:
CEIP Isaac Peral:
4º Isaac Peral:
CEIP de Pazos:
3º de Pazos:
4º de Pazos:
5º de Pazos:
6º de Pazos:
CEIP Unión Mugardesa:
6º
5º:
19/3/10
CLAUSURA CERTAME DE POESÍA 2010.
Tivemos unha visita sorpresa, a nosa mascota RAIOTECA, que nos dou os parabéns polo noso traballo de creación, ilustración e recitado de poesías adicadas á muller. Díxonos que estaba moi orgullosa de ser a nosa mascota e animounos a seguir lendo e escribindo.
Para rematar @s gañadores de cada curso recitaron os seus poemas e recolleron o seu agasallo. Tamén houbo diplomas para tod@s @s participantes.
Dende aquí queremos darvos os PARABÉNS a todo o alumnado do centro pola vosa participación, que foi do cen por cen , e por eses poemas tan bonitos adicados ás nais, avoas, irmás...
Esperámosvos a tod@s no III Certame de Poesía o vindeiro curso.

POEMAS GAÑADORES: Para velos en pantalla completa clica no recadro de frechas da dereita.
15/3/10
AFORRANDO ENERXÍAS.
Temos estes días no colexio a exposición "Aforrando Enerxías", da asociación Lapis Verde, composta por 15 paneis ilustrados por Leandro Lamas e que pretenden concienciarnos sobre o aforro de enerxía.
Unha reflexión sobre a enerxía que consumimos, e as medidas que podemos adoptar para facernos uns CONSUMIDORES RESPONSABLES.
13/3/10
NOVO CONTIDO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS.
Neste mes de marzo as Mochilas Viaxeiras inician a súa andadura cun novo contido.
O equipo de biblioteca acordamos que a temática sexa: MÚSICA e PINTURA.
Tamén decidimos introducir menos material e máis específico, libros e material audiovisual que sabemos que a maioría das familias non teñen nas súas casas.
Se premes na foto podes acceder a unha páxina estática sobre as
MOCHILAS VIAXEIRAS.
Despois de realizado o sorteo, aquí tedes @s primeir@s afortunad@s:
9/3/10
Recitamos os nosos poemas.
Hoxe iniciamos o certame: "Muller e poesía".
Cada un d@s participantes presenta o seu traballo:
- A poesía adicada á muller, escrita en galego.
- A ilustración.
- O recitado do seu poema.
O xurado despois de valorar todos estes aspectos emitirá o seu voto.
Hoxe tocoulle o turno ás poetisas e poetas do 4º curso de Primaria. Fixérono moi ben. PARABÉNS!!!
Aquí @s tedes :
4/3/10
CERTAME: Muller e poesía.
Co motivo das celebracións deste mes de MARZO:
No CEIP de Andrade acordamos convocar un certame de poesía e ilustración, que ten as seguintes bases.
1/3/10
LECTURAS COMPARTIDAS cos nosos avós e avoas.
Seguindo co proxecto RECUPERANDO A MEMORIA, o xoves tivemos unha contacontos moi especial, Isabel, a avoa de Ángel de E. Infantil, que ademais é mestre no noso cole e que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos.
Tamén ese día recibimos a visita da Coral do Centro de Maiores de Pontedeume que interpretaron unhas fermosas cantigas galegas.
Parabéns a tod@s os membros desta agrupación e á nosa superavoa especial. Moitas grazas pola vosa colaboración nesta actividade.

Con estes debuxos tan bonitos os nenos e nenas da clase de E. Infantil agasallaron á avoa de Angel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)