CURSO ESCOLAR 2024 /25
Neste curso que comeza esta nova andaina artística polos andeis da nosa Biblioteca " Soños de Andel", tanto dende a nosa biblioteca coma dende a nosa radio escolar, lanzaremos actividades interactivas, para que artes coma a literatura, escritura, música, etc,...vaian espallándose polos corredores e o alumnado goce e aprenda a xestionar e a plasmar as súas emocións, sentimentos e creatividade en diferentes e diversas artes, plásticas, lingüísticas e sonoras.
O voluntariado da nosa biblioteca Soños de Andel, xa ten contrato e chapa de axudante, e tamén está a facer preparativos para celebrar o vindeiro 24 de outubro o "Día das Bibliotecas escolares".
Bo traballo rapazada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario