30/6/10

FIN DE CURSO.

Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...


FELICES VACACIÓNS!!!

27/6/10

CELEBRAMOS O 25 ANIVERSARIO!!!



PROGRAMA:
12.15 Actuación do MAGO MARTÍN na sala de usos múltiples.
13.00 Benvida.
13.10 Recitado de poesía: “Espinelas para el CEIP Andrade”
Presentación de fotos. No Recanto dos Contos.
13.35 Cantamos “Cumpreanos Feliz”
13.40 Actuación do grupo de música Pop: “Teenagers”
14.00 Ximnasia Rítmica: “Club Acordes.”
14.15 O “Rap de Andrade”
14.45 Xantar de convivencia.
Á entrada do colexio tivemos exposición de fotos e unha mostra da traxectoria do colexio ao longo destes 25 anos.



VÍDEO NO "RECANTO DOS CONTOS":
"A ESCOLA DOS NENOS E NENAS FELICES"





20/6/10

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA.


Esta semana celebramos a última reunión do Club de Lectura, neste curso 2009/2010. O libro escollido foi "La canción de Amina". As responsables do Club preparamos unha ambientación especial na biblioteca relacionada co lugar onde se desenvolve a novela, unha tribo marroquí. Despois dos comentarios e posta en común, vimos un documental sobre a forma de vida e os costumes destas tribos do deserto e bailamos ao son da súa música. Foi moi divertido. Rematamos cunha merenda.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

14/6/10

O COLE CUMPRE 25 ANOS!!!


Aquí tedes unha mostra dos MARCAPÁXINAS que o alumnado fixo para conmemorar estas "Bodas de Prata" do colexio.

6/6/10

O NOSO COLE NO XORNAL.

"Pegadas" é un xornal de ámbito comarcal que se corresponde coa área que comprende os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Somozas e Vilarmaior. Pretende favorecer un mellor coñecemento da realidade destas zonas nos diferentes campos, culturais, deportivos, artesanais...
Está escrito integramente en galego e ten unha periodicidade mensual.
Neste mes de xuño na sección "Axenda Ensino"aparecen dúas reportaxes sobre actividades do noso centro:

"OS ALUMNOS DE ANDRADE VISITAN O COUREL"



"O CEIP DE ANDRADE CELEBRA OS SEUS 25 ANOS DE VIDA"

Parécenos unha labor moi importante a que se está realizando dende este xornal porque, entre outras cousas, difunden información da realidade cotidiana na que todas e todos nós somos protagonistas.
Parabéns á xente que traballa para que este proxecto sexa posible.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails