30/12/15

FESTIVAL NADAL 2015

O Nadal do lugar onde vivimos.




Este ano para celebrar o Nadal, o ENDL fixo unha recompilación de panxoliñas da nosa zona e un estudo das peculiaridades do Nadal da época celta e romana, con cantigas, ritos e danzas.

En primeiro lugar o Apalapador acompañado dun grupo de galegos cantando e bailando.
Tamén tivemos unha danza e rito da época Celta, música e danza Romana, cantos de reises e panxoliñas de Pontedeume e Neda. 
Para rematar cunha ofrenda de cada un dos oficios artesáns: pescadores, costureiras, taberneiros, panadeiros, carpinteiros, pastores....
Aquí tedes a presentación coa recompilación das panxoliñas.

Bo e popular Nadal a tod@s!!!









12/12/15

LECTURAS NADAL 2015

Unha Guía de Libros Informativos moi interesantes e divertidos.
“Os libros informativos permiten 
mirar as imaxes, descubrir o que esconden as súas páxinas, 
lelos como os contos, buscar respostas a preguntas 
ou pór a proba as habilidades creativas 
e de investigación”.

AGASALLO DE NADAL.

A nosa mascota, Raioteca, deixou un agasallo moi especial para os encargados e encargadas de Biblioteca, A súa labor na Biblioteca é fundamental, entre outras cousas:
Axudan a cumprir as normas, 
A localizar libros que precisan os/as compañeiros/as, 
A colocar correctamente nos seu estante os libros que se devolven, 
A gardar os libros estragados no apartado de libros para reparar...
Por todo iso,
MOITAS GRAZAS E BO NADAL!!!



O NADAL DO LUGAR ONDE VIVIMOS


No blog da clase de música do colexio: "Cantos Mirados"   atopamos un proxecto relacionado co noso PDI, titulado:



Este proxecto recolle unha interesante investigación sobre os cantos de Nadal Galegos e o seu principal personaxe, O Apalapador.

Aquí tedes unha presentación que recolle gran parte deste traballo de investigación:


Parabéns por este fermoso traballo!!!


11/12/15

UN RECANTO MOI POPULAR

Nun recanto da nosa Biblioteca imos recompilando todo o material relacionado co noso PDI anual: "A Cultura Popular do lugar onde vivimos":

  • Folletos e guías da zona.
  • Libros de consulta.
  • Libros elaborados polo alumnado.
  • Fotos e vídeos.
  • Música.
  • Exposicións.

10/12/15

Oficios artesáns. Encontros.


PDI: "A Cultura popular do lugar onde vivimos"
A nosa experiencia cun grupo de artesáns da zona:




Cando pedimos colaboración ás familias para poder levar a cabo entre tod@s este proxecto, unha das ideas que suxerimos era que podían implicarse avós e avoas, ou algún veciño que tivera experiencia ou información sobre o tema que estabamos a abordar e como non esperabamos menos, así foi...
O luns 7 de decembro tivemos unha visita moi especial para nós, viñeron un grupo de avós e avoas que nos aportaron os seus coñecementos sobre algúns oficios que estivemos a traballar na aula.
O noso agradecemento a:

  • O redeiro (avó de Brais de 3 anos).
  • O zoqueiro, José Ramón Cazón.
  • As fiandeiras de Cabanas rural. Entre elas, a avoa de Paola de 4 anos.
  • As palilleiras. Entre elas, a avoa de Andrea de 4 anos e a avoa de Rafa e Berta de 3 anos.
Se queredes algunha información máis acerca de este día tan especial, podedes entrar na wiki e dentro do proxecto, pinchade na pestaña de aprendemos e alí atoparedes algunha cousiña máis.

Clica AQUÍ para acceder a unha ficha que dende a Biblioteca elaboramos para recompilar información durante a visita aos artesáns. 
O alumnado de 6º curso foi o encargado de facerlles unha entrevista. Clicando AQUÍ atoparedes todas as preguntas e respostas, resultado destas interesantes entrevistas.

MOCHILAS VIAXEIRAS 2015/2016


As Mochilas Viaxeiras saen invitando a disfrutar dos libros en compañía.
Están pensadas para reforzar o vínculo entre familia e escola, traballando conxuntamente a creación e consolidación dos hábitos de lectura.



Neste curso o seu contido de libros e música está relacionado co noso PDI: 
"A cultura popular do lugar onde vivimos",
e tamén unha boa selección de libros elaborados polo alumnado.


8/12/15

RECORDANDO A NEIRA VILAS.



O PASADO DÍA 27 DE NOVEMBRO FINOU 
D. XOSÉ NEIRA VILAS: 

                      O XORNALEIRO DAS LETRAS.
UN BO E XENEROSO QUE ENGRANDECEU 
A NOSA LINGUA.

Un xoves día 13 de Xuño de 2013 os rapaces e rapazas de 6º curso do cole de Andrade tiveron o pracer de coñecer en persoa ao escritor Galego XOSÉ NEIRA VILAS.
FOI FANTÁSTICO!!!
É unha sorte que unha persoa única e tan especial sexa galego, e que poidamos presumir coa súa obra na nosa lingua.
Deleitounos coas súas verbas pousadas e cheas de maxia.
Moitas grazas e ata sempre!
Un vídeo recordo dese día:



No blog de música Cantos Mirados atopamos unha recompilación de traballos feitos sobre a obra e vida deste fantástico escritor:

28/11/15

25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 25 celebramos no colexio o Día contra a Violencia de Xénero.
Enlazando coa temática do noso PDI (A cultura popular do lugar onde vivimos) o alumnado de 5º e 6º curso de primaria fixeron a representación teatral da adaptación dunha lenda da nosa zona: "A Lenda de Roxín Roxal". A súa protagonista Tareixa foi obrigada a casar, pero é que hoxe en día, ao igual que Tareixa, todavía hai moitas mulleres e incluso nenas que son obrigadas a casar. Isto levounos a reflexionar e investigar sobre a situación das mulleres nalgúns países do mundo e tamén en España.








Como é costume no noso cole para rematar cantamos unha cantiga popular titulada "Eu queríame casare".

Se clicas neste enlace podes acceder a unha proposta de actividades para Educación Primaria elaborada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:

27/11/15

DÍA DO PEÓN

Baixo o lema: “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, o día 11 de novembro celebramos no colexio o Día do Peón. En todas as aulas proxectamos unha presentación explicativa, e ás 12.30h xuntámonos no patio para bailar o peón. 
Resultou unha actividade moi divertida e aprendimos un montón: 

  • As orixes do peón.
  • Fabricación.
  • Tipos.
  • Como xogar?
  • Xoguete universal.
  • E referencias para ampliar información.



14/11/15

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como:


Na nosa Biblioteca ao longo deste mes de Novembro estamos levando a cabo un proxecto titulado:

"A Ciencia sae aos corredores"

con exposicións semanais de libros de ciencia en galego e o incremento de dotación do noso recanto das ciencias, que está a disposición de todo o alumnado do Centro, e que pensamos que ven a suplir a falta dun laboratorio no colexio. Tamén divulgamos entre o profesorado un enlace dos libros de ciencia en galego: AQUÍ.
Deixámosvos unha reportaxe fotográfica sobre o tema:


12/11/15

MUSEO DO HUMOR DE FENE E TEATRO DE NARÓN.




O día 11 de novembro visitamos o MUSEO DO HUMOR en Fene. Centrado no humor gráfico, é o único do seu xénero que hai no país. Entre os seus fondos encóntranse orixinais de humoristas como Xaquín Marín, Siro, Chumy Chúmez, Máximo, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa. Tamén aproveitamos para ir ao teatro a Narón para ver a obra "Jim e a Illa do Tesouro" de Jokin Oregi.

7/11/15

VIII FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.


O xoves 29, celebramos no colexio a "VIII Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Neste curso esta celebración xirou entorno ao tema do noso PDI "A Cultura popular do Lugar onde vivimos".
En E. Infantil, os nenos e nenas de 5 anos recitaron unhas retahilas referentes ás castañas, despois entre todos os cursos de Infantil cantaron a canción "O MAGOSTO ", para rematar repartindo castañas asadas. Neste enlace atoparedes unha estupenda reportaxe de todo o que traballaron nas aulas de Ed. Infantil.
O 1º e 2º curso de primaria foron os encargados de explicarnos e facernos unha demostración da Vendima, aquí os tedes en plena actuación.
O alumnado do 3º e 4º curso de primaria encargáronse da recompilación e elaboración de receitas
con froitas da nosa zona. Cada curso encargouse de cociñar dúas desas receitas. Fixeron tamén unha presentación moi interesante coa información que recolleron sobre os distintos froitos que empregaron na súa elaboración.




Os alumnos e alumnas de 5º e 6º recompilaron información ao redor do Magosto, o Samaín e a Esfollada. Quixeron coñecer cales eran os costumes na nosa zona perante estas festas e por iso preguntaron aos avós, pais, nais, veciños e familiares. Tamén investigaron sobre as lendas e historias que se contan na bisbarra. A partires do recompilado fixeron unha pequena representación teatral sobre o tema, aínda que descubriron moitas máis cousas que xa nos irán contando.
en 6º curso centráronse no Magosto e Samaín e no 5º curso na Esfollada.


Despois pasamos á entrega dos agasallos ás cestas de froitas e a todos aqueles que decoraron unha cabaza que pasou a formar parte dunha fantástica exposición.

Xa para rematar cantamos todos xuntos a canción do "Magosto":





Neste enlace tedes acceso aos vídeos desta celebración: 


27/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015

O día 23 xuntámonos no Recanto dos Contos para celebrar o "Día das Bibliotecas".
Primeiro limos unha carta que nos enviou a nosa mascota, Raioteca,  AQUI

Despois un grupo de alumn@s de 6º curso fixeron a lectura dun precioso conto : “Letras al carbón”,
Quixemos coa súa lectura, facerlles unha homenaxe aos mestres e mestras que nos ensinaron as primeiras letras e darlles as grazas por descubrirnos o mundo da lectura.

Os compañeiros de 4º e 5ºcurso fixeron unha regueifa (versos a varias voces, típicos da cultura popular galega)  xogando coas vogais: "Cando eu saiba ler" do libro-disco "O año pitaño"

E para finalizar cantamos todos xuntos unha canción ben divertida: “O Bibliotecario Don Ramón”.





Raioteca entregounos un agasallo: un fantástico marcapáxinas.


Neste enlace tedes acceso ao vídeo desta celebración:


26/10/15

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

Neste curso 2015/2016 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!



INICIAMOS UNHA NOVA ANDADURA.

Iniciamos este curso coa ampliación da Biblioteca que anexionamos coa aula de informática. Agora temos moitos máis ordenadores con conexión a internet que estarán a nosa disposición dentro da Biblioteca.
Na segunda quincena do mes de outubro, todo o alumnado do colexio visita a nova Biblioteca para recordar as normas de uso, horario, empréstitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores, club de lectura, hora de ler...
 Raioteca tamén informa de que ademais na Biblioteca podemos escoitar e ver contos, ver películas (de forma autónoma na zona multimedia), navegar por internet (na zona informática), que temos unha zona de xornais e revistas e un novo espazo web que irá recollendo todas as novidades que entran na nosa Biblioteca. Aquí deixamos unha presentación que recolle os puntos que tratamos neste acto de "Apertura da Biblioteca":





25/10/15

DOCUMENTOS PROFESORADO



Antes das xuntanzas de apertura da Biblioteca co alumnado de todos os cursos, temos unha reunión cos mestres, na que lles informamos de que no lateral do blog, poden atopar un apartado que recolle todos os documentos de interés relacionados co funcionamento da Biblioteca e outros aspectos, como ALFIN ou traballo por proxectos.




Tamén se informa de que neste curso creamos un espazo web no que iremos recollendo todas as novidades que entren na nosa Biblioteca, clicando na imaxe pódese acceder:

NOVIDADES E SUXESTIÓNS.


Ademais tamén dispoñen dos enlaces a uns acordos do profesorado, que se adoptaron como resultado dun PFAC (Proxecto de Formación en Centros), en relación a lectoescritura e TICS:




Este curso tamén creamos un espazo web no que iremos recompilando os traballos de investigación dos diferentes cursos en relación ao noso PDI: 
"A cultura popular do lugar onde vivimos"
(Pódese acceder premendo na imaxe)

A CULTURA POPULAR DO LUGAR ONDE VIVIMOS.



15/6/15

VERÁN 2015: Guía de Lecturas e Empréstitos.



Este ano continuamos cun servizo iniciado o curso pasado:

O EMPRÉSTITO DE VERÁN:

Todo o alumnado de Primaria poderá levar libros en préstamo para o verán, e terá que devolvelos ao comezo do vindeiro curso 2015/2016, dentro da mesma bolsa no que lle foron entregados.



Deixámosvos tamén unha guía cunha
"M@rea de Lecturas":






BO VERÁN, FELICES E 
REFRESCANTES LECTURAS!!!

23/5/15

O MISTERIO DA FRAGA DO EUME


Partindo deste título, xorde o plantexamento dun obradoiro no que os nenos e nenas crean o seu animal a partir de fotos de obxectos, para logo escribir sobre el.
A raiz deste obradoiro, o alumnado de 4º curso elaborou un libro moi orixinal titulado:
"O MISTERIO DA FRAGA DO EUME"
Moi bo traballo.
Parabéns!!!


LETRAS GALEGAS 2015


  




16/5/15

MAIOS 2015

Este curso, como en anos anteriores, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os MAIOS. 
Coa colaboración de todo o alumnado do centro e das familias, elaboramos o noso "MAIO MARIÑEIRO", un precioso barco engalanado con todo tipo de flores.
Participamos no concurso organizado polo Concello de Pontedeume e nesta ocasión acadamos o 1º PREMIO.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de toda a Comunidade Educativa.
Dende a Biblioteca aportamos un LIM elaborado hai uns anos, pero que consideramos que segue sendo de gran interese.
Tamén temos unha recompilación dos cantos de Maio na Bisbarra Eumesa, elaborada coa colaboración do director da coral de Pontedeume, Xosé Paz (Pepucho).




11/5/15

IMAXINA ANIMAIS.


 Partindo deste título, xorde o plantexamento dun obradoiro no que os nenos e nenas crean o seu animal a partir de fotos de obxectos para logo escribir sobre el.


9/5/15

ABRIL, MES DOS LIBROS VII





Para rematar coas actividades realizadas en Abril, mes dos Libros, faremos referencia a un fantástico proxecto levado a cabo na aula de música, e titulado: 
"Falemos de CONTOS MUSICADOS"

Clicando AQUI tedes un enlace ao blog de música, con interesantes materiais relacionados con este proxecto.
PARABÉNS!!!





Como colofón á celebración do Día do Libro, cantamos tod@s xunt@s unha canción adicada aos libros: Do grupo María Fumaça, no libro Xiqui Xoque, Fiú Fiú

ABRIL, MES DOS LIBROS VI

Neste ano 2015 cúmprense 400 anos da publicación da segunda parte do Quixote.
Con este motivo, dende a Biblioteca, aportamos unha presentación (que elaboramos xa hai uns anos) baseada na adaptación da autora Carmen Gil, para introducir aos máis pequenos no mundo de Don Quixote, a través dos personaxes principais.






8/5/15

ABRIL, MES DOS LIBROS V


Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionamos a lista dos mellores lectores 2014/2015; un representante de cada curso.
Raioteca, a mascota da nosa Biblioteca, fixo entrega dun diploma e un agasallo, para estes fantásticos lectores.
O alumnado colaborador de Biblioteca tamén recibíu un merecido agasallo polo traballo realizado ao longo do curso, sen o cal o funcionamento da Biblioteca non sería o mesmo.
Dende aquí queremos darlles as grazas pola súa colaboración!!!!!



MELLORES LECTORES 2014/2015:

ABRIL, MES DOS LIBROS IV


Organizamos un mercadillo de libros e películas na entrada do colexio:
  • Os libros e as películas proceden de doazóns das familias do alumnado e do expurgo da nosa Biblioteca. 
  • Pódense adquirir ao prezo simbólico dun euro. 
  • Os cartos recadados son para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.                                                         
Tamén publicamos a lista dos libros e películas máis emprestados ao longo deste curso, confeccionamos a lista consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga.



ABRIL, MES DOS LIBROS III




Cada primavera, como xa é costume, organizamos a 
actividade de Madriñas e Padriños lectores:
O alumnado do 3º ciclo e 
de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s.
Ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. 
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.

ABRIL, MES DOS LIBROS II

O 24 de abril, un grupo de alumnos e alumnas representaron unha adaptación teatral de “Papirus”, Un conto que atopamos no libro “Tambo” de Edicións do Cumio.
Premendo AQUI poderás acceder ao texto da obra.
PARABÉNS!!


ABRIL, MES DOS LIBROS I

1.- O equipo de Biblioteca, en colaboración co ENDL, fixemos a adaptación e tradución ao galego de  “Si yo fuera un libro”:



Elaboramos un díptico no que o alumnado e mestres do Centro escribimos o título e autor do libro que nos gustaría ser se fósemos un libro,  e dimos unha breve explicación. Con todos eles fixemos unha exposición.




Na celebración do Día do Libro a cada curso correspondeulle ler catro fragmentos ilustrados de "Se eu fose un libro". Aquí deixamos a reportaxe fotográfica destas lecturas:


11/4/15

MULLER - MAR - POESÍA: "Homenaxe ás mulleres mariscadoras"

Este curso unificamos a celebración do "Día da Muller" co  "Día Mundial da Poesía",
Dende a Biblioteca programamos unha actividade de homenaxe ás mulleres mariscadoras da zona, que tivo lugar o venres 27 de marzo.
Cada curso adicou a estas mulleres o recitado de varios poemas coa temática do MAR. Enlace aos poemas AQUI.
Ademais preparamos unha entrevista, que recolle preguntas de todo o alumnado, dende Infantil ata 6º de Primaria. Cada curso elixiu a un representante para intervir nesta entrevista. Enlace, AQUI.

Tamén os mestres do equipo de Biblioteca agasallamos a cada curso cunha adiviña relacionada con animais do MAR. Enlace, AQUI.
Como colofón, cantamos tod@s xunt@s unha fermosa cantiga titulada: "Non lle temas mariñeiro".
No blog de música "Cantos mirados" tedes toda a información sobre un fantástico proxecto de cancións adicadas ás mulleres mariscadoras.
Deixamos unha reportaxe fotográfica que recolle momentos desta celebración.
Xa sabedes que tedes a reportaxe completa na páxina web do cole: FOTOS e VÍDEOS.
Queremos darlle as grazas a Ana, nai de Aitor e Bruno, pola súa colaboración.
Parabéns Ana!!!



22/3/15

Máis POESÍA

Continuamos co recitado de Poesía, dentro da actividade: 
Esta vez tamén recitan mestres, e dúas alumnas de 3º curso, creadoras de poesías con temática do MAR, que escribiron nos cadernos viaxeiros das mochilas.


PARABÉNS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN E POLO BEN QUE O FIXECHEDES.



DOUS RECANTOS MOI VISITADOS.

Estos días, dous dos espazos máis populares da nosa Biblioteca están sendo:

O RECANTO DOS MONICREQUES. Sobre todo, os máis pequenos, disfrutan dándolle vida aos personaxes dos contos.

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS. Se tedes dúbidas sobre que libro levar en empréstito, podedes votar unha ollada ás recomendacións dos vosos compañeiros e compañeiras.


Turnos de recitado: "Andrade, comeríate a versos"


ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS.


O 21 de marzo celébrase o “Día  Mundial da Poesía”
Con este motivo realizaremos a actividade titulada:
ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS:
  • Espalladas polo centro atoparás poesías.
  • Podedes elixir a que máis vos guste para recitar na hora de ler.
  • O recitado pode ser individual ou en parella.
  • Teredes que facer a inscrición na Biblioteca.
Anímate!!!
Haberá un agasallo para cada un d@s participantes.

Esta foi a proposta que realizamos dende a Biblioteca, para celebrar a semana da Poesía.
A convocatoria tivo tanto éxito que adicamos toda esta semana, e adicaremos tamén a próxima, ao recitado dos poemas.

Moitas grazas pola vosa participación e entusiasmo.

Aquí deixamos unha pequena reportaxe, xa sabedes que todas as fotos están na GALERÍA da páxina web do cole e tamén os VÍDEOS.




21/3/15

MULLER - MAR - POESÍA

Este curso o "Día da Muller" irá da man do "Día da Poesía" 
e os dous xirarán arredor do MAR.
Clicando nesta foto poderás acceder á páxina que recolle todos os poemas e actividades relacionadas con estas efemérides:


14/3/15

MOCHILAS VIAXEIRAS.

Seguíndolle a pista ás mochilas viaxeiras e aos cadernos, atopamos unha xuntanza moi interesante no 1º curso, e unhas preciosas ilustracións do alumnado de 3º curso.
Parabéns!!!



O MAR EN INFANTIL.

Se clicas nesta foto, atoparás unha estupenda recompilación de actividades, para os tres cursos de infantil, relacionadas co mar:





4/3/15

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER.

Clicando na foto poderás acceder a unha páxina do blog da Biblioteca do CPI A Cañiza, onde atoparás moitos recursos para traballar o DÍA DA MULLER.



E unha recompilación de poemas aportada pola Biblioteca do IES Laxeiro.

28/2/15

CHARLA CON SABOR A MAR.


O 27 de febreiro, Serafín Alonso, mariñeiro pontevedrés, falounos da PESCA DE ALTURA
Foi un pracer escoitalo e informounos dun montón de cousas que ignorábamos.
Dende aquí queremos darlle as grazas.
Ata pronto!!!
As fotos na GALERÍA.
Os VÍDEOS

26/2/15

VÍDEO: "Todos somos Rosalía"

O alumnado do 3º ciclo elaborou este fantástico vídeo, como homenaxe a Rosalía de Castro.
Será enviado á AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), para pasar a formar parte dunha recompilación de vídeos creados por outros centros de ensino. AQUI



25/2/15

CANTAMOS E XOGAMOS CON ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro, celebramos no centro "O DÍA DE ROSALÍA".
Nesta ocasión comezamos cantando a canción "Adios ríos adios fontes", continuamos coa presentación da vida e obra de Rosalía de Castro, aproveitando un LIM elaborado pola biblioteca "CARACOLA TOLA" do CEIP Alexandre Bóveda.
Despois o alumnado de sexto presentou as actividades do LIM ao resto do alumnado, e entre tod@s fómolas resolvendo.
Coma sempre tedes todas as fotos na GALERÍA.
Os vídeos, na galería de VÍDEOS.

Deixámosvos aquí unha pequena reportaxe do acto.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails