Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCORNABOT. Mostrar todas las entradas

12/10/17

Descubrindo Escornabots

É certo que as persoas aprenden ao longo da vida e se non mirade estes mestres como pasan a tarde descubrindo Escornabots.


Os Escornabots baixan a infantil

Con este proxecto pretendemos desenvolver no noso alumnado habilidades, capacidades e competencias clave a través de pequenos retos de aprendizaxe empregando neste caso a estes novos amiguiños que viven na nosa biblioteca.
A primeira toma de contacto do alumnado de infantil cós Escornabots deixounos unhas imaxes inesquecibles.















26/9/17

Man robótica

Ola amiguiños!
Son eu.... Raioteca.
Fai dúas semanas xa que lles fixera unha propostas aos vosos compañeiros de sexto curso. Lles pedín que elaboraran unha man robótica e aquí vós deixo o resultado do seu traballo. Aínda que teñen algún erro... lles dou a enhoraboa polo seu esforzo.
Grazas


http://larpeiradasdepalabras.blogspot.com.es/2017/09/mans-roboticas_26.html

9/9/17

ROBOTTECA

No verán Raioteca estivo moi, moi ocupada e xa temos un espazo creativo.
Esperamos que vos guste e que o aproveitedes moito.





Aprender a pensar coa biblioteca escolar: Robotteca

Como sabedes o cole participa no proxecto Escornabot. Cada vez son máis as bibliotecas escolares integradas dentro do movemento maker, creando espazos na biblioteca dende o que facer traballos moi variados, xa que este é un lugar de reunión nel que poñer en común o coñecemento e realizar de forma colectiva traballos variados. Ademais, a robótica resúltalles moi interesante e atractiva aos rapaces e favorece a aprendizaxe autónoma, engloba moitas outras ciencias (matemáticas, física, electrónica, programación, ciencias naturais...) e promove a autonomía e o progreso constante.
Para Jeff Sturges, fundador del makerspace Mt. Elliot, en Detroit, a integración destes espazos nas bibliotecas é un reto, xa que a maior parte da xente pensa que as  bibliotecas son lugares silenciosos e os makerspaces son todo o contrario, moi buliciosos. Sturges considera que as bibliotecas non só teñen que almacenar información se non tamén xerar coñecemento.

No mes de maio Raioteca propúxo unha actividade na que cada neno e nena fixera a súa proposta para nomear o espazo creativo da nosa biblio.

Moitas foron as propostas:
Creacuncho.
Imaginadre.
Robotteca.
A opción máis votada foi...
Robotteca

21/5/17

Montando Escornabot: Vídeo práctico

Xa estamos listos para montar os nosos Escornabot e para non esquecernos de ningún paso aquí vos deixamos un vídeo práctico.



13/5/17

NOTICIÓN, NOTICIÓN

No mes de abril presentámonos a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), do proxecto  "Escornabots na biblioteca escolar", para a introdución dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Este programa, iniciado en 2016,  pretende estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras,  programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade. Búscase, así mesmo, ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
E a gran NOTICIA é que o próximo ano chegan OS ESCORNABOTS. Esta iniciativa intégrase no contexto dun modelo de biblioteca aberto ás distintas linguaxes co fin de favorecer a alfabetización múltiple , no que se promove a expresión oral, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Estamos emocionados...

Se premedes na imaxe podedes acceder a máis información deste proxecto.

Resultado de imagen de escornabot

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails