Mostrando entradas con la etiqueta dia internacional da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia internacional da muller. Mostrar todas las entradas

9/3/14

8 de marzo, dia da muller traballadora. Un libro coeducativo: "CINCENTO"

Había unha vez un mozo ao que todo o mundo chamaba Cincento porque sempre estaba sucio. Pero é que limpaba chemineas, cociñaba, lavaba a roupa, varría, fregaba toda a louza, cosía, pasaba o ferro, sabía de pintura, sacaba o lixo, pero, ademais, axudaba á xente...

"Cincento" pertence a unha colección de libros da Editorial Everest, titulada Había outra vez, onde os contos de sempre cambian e vólvense do revés. Podemos encontrar títulos como:
Aladino e a lámpada espantosa.
Caperucita descolorida
A fea durminte
Pinocho non era o mentireiro
A perruca de Ranpunz

A vindeira semana xuntarémonos no Recanto dos Contos para celebrar o Día da muller traballadora e asistir á representación deste conto.

8/3/11

Día internacional da Muller: "Un libro, un vídeo, unha carta".

Neste "Día Internacional da Muller" , desde o cole de Andrade queremos recordar a esas nenas que todavía a día de hoxe teñen pechado o acceso ás escolas, á cultura...
Para axudar ao noso alumnado a comprender mellor esta situación elaboramos unha webquest:
Xa foi presentada con motivo da celebración o 25 de novembro do"Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", pero pensamos que é un tema suficientemente interesante para seguir traballando.
Se clicas nesta foto, ilustración de Leandro Lamas, poderás por a probas os teus coñecementos sobre a situación da muller no mundo:


Para rematar, unha fantástica recompilación no blog "Trafegando Ronseis", coas propostas doutros blogues das bibliotecas galegas e dos equipos de normalización. Preme na foto, outra ilustración de Leandro Lamas:


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails