Celebrouse no colexio un concerto didáctico, patrocinado polo Concello de Pontedeume, a cargo dun dúo de corda. Este concerto estivo dividido en dúas sesións, unha para infantil e 1º ciclo e outra para 2º e 3º ciclo.
Os músicos interpretaron varias pezas segundo as idades dos nenos e nenas, e fixéronos partícipes destes instrumentos e dos seus sons.
Dende a biblioteca esta actividade sérvenos de colofón para a temática deste 1º trimestre: "Ler, cantar, pintar..." de libros relacionados coa expresión artística. Preme AQUÍ.