25/2/12

Un día 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro…

Con esta frase iniciamos unha lectura da súa biografia, baseada no libro: "Rosalia" escrito por Helena Villar Janeiro e ilustrado por Ánxeles Ferrer. En cada ciclo fixemos o recitado dalgún dos seus poemas relacionados con momentos da súa vida. 
Comezaron as nenas e nenos de E. Infantil coa  primera parte do poema "Vente, rapasa" contido no libro "Parece unha rosa". 
Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo recitaron:
No 2º ciclo:
No 3º ciclo: 
Acompañando o recitado proxectáronse algunhas das ilustracións do libro: "Rosalia" e de fondo soaba a música da Amancio Prada.
Ao remate fixemos entrega dun poema de Rosalía e unha flor a cada un dos alumnos/as e persoal docente.


23/2/12

O ENTROIDO NAMORADO DOS CONTOS

Este ano o Entroido de Andrade ven namorado, chegou ao noso cole un 14 de febreiro.  Ademais ven cargado de contos, para que fagamos con eles moitas entroidadas.
Sabedes, a que sabe a lúa?
Onde vive Yamina?
Tédeslle medo aos ratos?
Sabiades que hai contos vellos para rapaces novos?...
Mirade, mirade...



13/2/12

14 DE FEBREIRO. SAN VALENTÍN

Raioteca propón un reto para o día de San Valentín.
Despois de consultar este enlace: HISTORIA DE SAN VALENTÍN, pon a proba a túa memoria con este xogo.

                                      

CLUB DE LECTURA. Febreiro 2012


Neste mes de febreiro o club Raiolectores iniciamos unha nova lectura: "Palabras de caramelo". Non é a primeira vez que eliximos este libro,  foi co que inauguramos o noso club de lectura e  nesa ocasión xa intercambiamos correos co seu autor, Gonzalo Moure. Agora imos ter a gran sorte de que o día 8 de marzo recibiremos a súa visita no colexio. Seguro que gozaremos moito coa lectura deste libro e moito máis sabendo que imos ter a posibilidade de falar co seu escritor, que  ademáis é  coordinador do proxecto "Coñecernos para querernos" no que participamos xunto con outras Bibliotecas Escolares de Ferrolterra. 

                        

8/2/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

As Mochilas Viaxeiras saen de novo camiño das casas dos nenos e nenas do cole de Andrade.Para ler a carta enviada ás familias, preme aquí. Esperamos que disfrutedes do seu contido:








CELEBRAMOS A "PAZ"

O Día Escolar da non-violencia e a Paz  foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. o día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India,  Mahatma Gandhi, que o 30 de Xaneiro de 1948 foi asasinado.
Este ano no noso colexio moitas das actividades para conmemorar este día xiran en torno ao proxecto "Coñecernos para querernos" pero ademais, entre todos, construimos unha árbore na que cada curso foi pegando as súas mensaxes de paz e ao mesmo tempo lemos uns fermosos poemas intercalados con cancións de PAZ. Ao remate compartimos pan con chocolate. Foi unha fermosa celebración.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica e a recompilación dos poemas e cancións. Desexarvos que todos os días sexan días da PAZ.




Cantamos á PAZ

   

2/2/12

"Día Escolar da Non Violencia e a PAZ", lemos mensaxes de Paz



101 imágenes, 101 abrazos para aprender a querernos. 
Desde Smara para todos los niños y niñas de Galicia.
Con este lema comezan as 101 imaxes, cos seus  correspondentes pes de foto, enviadas polos nenos e nenas do campamento de refuxiados saharauís de Smara. O luns día 30, xuntámonos no Recanto dos Contos para ler, cada un de nós, unha destas fermosas frases, que son as nosos millores mensaxes de PAZ.






1/2/12

CONTACONTOS KALANDRAKA.

O luns día 30 recibimos no cole unha visita moi especial, os contacontos Pablo Díaz e Patricia González que nos relataron varias  historias coma "A familia C" e  "A viaxe de Pancho",  todo iso acompañado dunha especial banda sonora cun montón de instrumentos propios do noso folclore galego:  frauta, clarinete, pandeireta, pandeira. 
Foi moi divertido!!!
Grazas, e ata pronto.
                          

ROTEIRO POLAS BIBLIOTECAS DE FERROLTERRA VII

A xuntanza das Bibliotecas Escolares de Ferrolterra neste mes de xaneiro fíxose no CPI de San Sadurniño, queremos desde aquí darlles as grazas pola fantástica acollida e os parabéns polo seu estupendo traballo. Deixamos o enlace á completísima reportaxe que no Segrel do Penedo fixo a nosa compeñeira Loly.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails