25/12/10

BO NADAL!!!

Preme en "view full size" e poderás velo en pantalla completa,
clica sobre a tarxeta e accederás ao interior.

24/12/10

O NOSO NADAL.


O mércores 22, todo o alumnado do colexio participou na representación dunha obra de teatro relacionada co proxecto: "O Lugar onde vivimos".
Previamente, a profe Ánxeles tivo unha reunión cós alumnos e alumnas que temos no centro, e que proceden de catro concellos distintos : Pontedeume, Miño, Vilarmaior e Monfero, e elaborou un listado coas personaxes que os nenos e nenas consideran máis representativas na súa zona: mecánicos, perruqueiras, alcaldes, peixeiras, floristas, fontaneros... Cada alumno/a representou a unha desas personaxes nunha visita ao portal de Belén para facerlle un agasallo ao neno. Ademais un coro formado por alumnas e alumnos de diferentes cursos cantaron fermosas panxoliñas.

PARABÉNS A ESOS ACTORES E ACTRICES E Á
DIRECTORA XERAL, A PROFE ÁNXELES.


BO NADAL !!!

23/12/10

III BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL.

Antes de iniciar o sorteo da Bibliotómbola os/as alumnos/as do 3º ciclo leron uns versos de Ana Mª Fernández, que foron musicados por Mama Cabra, e que levan por título:
"Tan só con leres un libro"


Despois do sorteo da Bibliotómbola fixemos entrega dos diplomas aos mellores lectores deste 1º trimestre, ademais a nosa mascota RAIOTECA deixounos uns agasallos para os alumnos e alumnas que colaboran na biblioteca, e tamén un cofre cheiño de moedas de chocolate.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

21/12/10

As Mochilas tamén viaxan no Nadal.


Seguindo co proxecto "O Lugar onde vivimos" as Mochilas Viaxeiras levan no seu interior guías, planos, folletos, mapas e moita información sobre os catro concellos dos que procede o alumnado do Centro: Pontedeume, Vilarmaior, Miño e Monfero.
Nesta presentación poderase consultar o novo contido das Mochilas de Primaria, por cursos:

Nesta reportaxe fotográfica os paxes da nosa mascota Raioteca fan o sorteo das Mochilas Viaxeiras, e entregan aos titores un lote de libros (itinerarios lectores) para cada ciclo:


19/12/10

BOLSAS DE IDA E VOLTA

Os paxes de RAIOTECA foron avisando a todos os nenos e nenas de Infantil de que a nosa mascota regresara dunha das súas viaxes polo mundo, e que deixara unha carta na Biblioteca.

Todas e todos acudiron á chamada, e cando xa estabamos reunid@s, os paxes léronnos a carta, nela contábanos as súas aventuras e os moitos libros que vira polo mundo adiante, ademais deixounos moitos agasallos metidos no seu baúl; unhas bolsas para levar o libro da biblio para á casa e un lote de libros para cada aula de Infantil. Ao remate vimos un vídeo-conto que Raioteca nos trouxo dende África: "A sorpresa de Nandi"



Moitas grazas RAIOTECA!!!









18/12/10

"TREASURE ISLAND"

O xoves 17 de decembro, todo o alumnado de primaria asistimos a unha representación teatral en inglés, a cargo da compañia "Face to face" , que foi contratada conxuntamente polo CEIP Couceiro Freixomil e o noso colexio. O título da obra "Treasure Island".
Foi unha obra moi divertida, fixemos previamente na clase de inglés moitas actividades relacionadas: xogos, cancións, lecturas... A descarga dos materiais cós que traballamos pódese facer neste enlace:
http://www.face2facetheatre.com/node/1258711


Aquí deixamos unha pequena reportaxe:


III BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL

A actividade estrela nestas datas na Biblioteca é "A BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL"
Este ano realizamos xa a nosa terceira convocatoria, recordamos as bases:

1.- Para participar nesta actividade, cada alumno/a terá que traer un libro adaptado
á súa idade.
2.- Que sexa un libro que xa fose lido polo alumno/a.
3.- Que o libro estea en bo estado.
4.- O libro terá que vir acompañado dunha ficha, cun comentario persoal ou un debuxo.
Esta ficha será entregada aos que queiran participar.
5.- A finalidade desta actividade é que cada alumno/a teña o seu libro como agasallo dun compañeiro/a da escola.
Os libros estarán expostos por ciclos, e a cada libro asignaráselle
un número, co que entrará no sorteo final.

12/12/10

10 DE DECEMBRO, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Un grupo de alumnas e alumnos do 3º ciclo fixeron unha presentación de cada un dos Dereitos Humanos:


Este vídeo recolle algúns dos momentos desta exposición oral:

8/12/10

Xuntanza do Club de lectura.



Dous libros encima da mesa:
"Operación yogur" e "O misterio dos fillos de Lúa"
Dúas novas propostas para este mes de Decembro e novos membros que se incorporan ao Club de Lectura.
Eleximos o libro, colocamos a pegatina no caderno de anotacións e preparados, listos, xa...

Comeza unha nova aventura!!!

7/12/10

LECTURAS NO RECANTO DOS CONTOS.

As alumnas e alumnos do terceiro ciclo léronnos as súas redacións sobre as nosas árbores e froita autóctona.


28/11/10

Plambe Ferrolterra na Biblioteca "Xoán Farias"

A xuntanza de Bibliotecas da zona Ferrolterra deste mes de Novembro, realizámola nunha fermosa Biblioteca, a biblio do CEIP de Pazos: Biblioteca "Xoán Farias" e coas mellores anfitrionas: as profes Rosana, Rosa e Feli.
Pasamos unha tarde moi agradable, recollimos un montón de ideas e falamos de actividades e novos proxectos. Notábase que Chispa, a mascota da Biblioteca, andaba rondando por alí, porque senón non se explica a maxia que se respira nesa fantástica Biblioteca.
Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica que Loly fixo con todo luxo de detalles.



Tamén se recolle esta xuntanza nos blogues da Biblioteca do IES de Fene: "O Segrel do Penedo" , na biblioteca "Xoán Farias" e na Biblioteca do CEIP Isaac Peral.

25/11/10

"O PAÍS DOS MANDÓNS"

No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Integran, por agora, a colección outros dous títulos:
"A urna dos desexos" -sobre a democracia participativa e a paridade- e "O segredo de Flora" -ao redor da convivencia e do rexeitamento de calquera tipo de violencia. O nome da colección é: A IGUALDADE CONTA.

Dende a biblioteca preparamos a escenificación deste conto co alumnado do terceiro ciclo, para representar nun día tan importante, o 25 de novembro, no que celebramos:
A loita contra a violencia de xénero .
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

E unha presentación coas ilustracións máis representativas:


Tamén incluimos no lateral do blog, no apartado Actividades TIC do CEIP de Andrade, unha webquest que elaboramos dende a Biblioteca: "Un libro, un vídeo, unha carta" que nos servirá de reflexión sobre a situación de moitas nenas privadas do dereito á educación, que non deixa de ser un importante xeito de violencia de xénero.

20/11/10

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS D@ NEN@

Desde que o 20 de novembro de 1959, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba a Convención sobre os Dereitos dos Nenos, institucionalizouse o día 20 de novembro como o Día Internacional dos Dereitos d@ Nen@.
Na biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica elaboraron unha estupenda recompilación de materiais para traballar os dereitos-humanos-dereitos da infancia. Clica nesta imaxe:



Un vídeo moi interesante elaborado no CEIP Carballal de Marín (Pontevedra). :


13/11/10

VISITA EUME-MOECHE




A través da Asociación Euroeume concertamos un plan de visita ao Eume-Castelo de Moeche. Nesta saída o grupo de nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo visitaron o Museo Etnográfico da Capela e a Casa do Mel de Goente.
O alumnado do 2º e 3º ciclo tamén visitou o Museo Etnográfico da Capela e dende alí comezaron un roteiro a pé que os levaría aos Muiños do Parque Etnográfico do Sesín e para rematar a xornada unha visita guiada ao Castelo de Moeche cun visionado dun curto cinematográfico no que se rememora a revolta irmandiña. Tamén nos entregaron material didáctico e de lectura coa temática do Castelo e os Irmandiños, que será de gran utilidade para o noso proxecto:

"O Lugar onde vivimos".


7/11/10

3ªFESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME

O venres 29 celebramos no colexio a "3ªFesta da Froita Autóctona do Eume" en colaboración coa AGFA ( Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
O noso proxecto "O Lugar onde vivimos" centrouse estes días no estudo das peculiaridades da nosa froita e na realización de moitas actividades relacionadas co tema da Froita Autóctona: debuxos, redacións, investigacións, elaboración de receitas, manualidades, cancións...
Na biblioteca, como en anos anteriores, tivemos unha selección de "Libros saudables" e unha procura do tesouro titulada: "Hábitos saudables".
Este é o programa do venres día 29:
10.30 No recanto dos contos:
“CONXUROS E ADIVIÑAS MONSTRUOSAS”
11.30 No recinto exterior:
“DESFILE DA SANTA CABAZA E RITUAL CELTA”
12.30 Na sala de usos múltiples:
- BENVIDA Á 3ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA.
- LECTURA DE REDACIÓNS E PROXECCIÓN DE DEBUXOS.
- CANTIGAS.
- ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS.

EXPOSICIÓN DE CESTAS DE FROITA DE OUTONO Á ENTRADA DO COLEXIO.
DEGUSTACIÓN DE FROITA.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica e os debuxos de Infantil e 1º ciclo, con estes debuxos e as redacións do alumnado do 2º e 3º ciclo elaboraremos un libro para a nosa biblioteca.



3/11/10

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Para celebrar o Samaín 2010, dende a biblioteca, propuxemos unha actividade na que participaron dende Infantil ata 6º de Primaria e que leva por título:

"Conxuros e Adiviñas monstruosas".

As nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo recitaron uns conxuros, e o alumnado do 2º e 3º ciclo presentaron unhas adiviñas aos máis pequenos. Estas adiviñas son unha adaptación das que aparecen no libro: "Adivinanzas monstruosas".
Aquí tedes a reportaxe:


Despois chegou o desfile e a representación do "Ritual celta":


1/11/10

III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.


O venres 29 e o sábado 30 tiveron lugar en Santiago os terceiros encontros de Bibliotecas Escolares Galegas. Neste enlace temos toda a información sobre as intervencións e as experiencias que alí se presentaron:
Fermosas citas de Rodríguez de las Heras:
"El mundo existe para terminar en un bello libro"
"Estamos en un libro de arena"
"Vivimos en un mundo de sobrealimentación y sobreinformación"
"Nunca hay cambio sin desprendimiento"

28/10/10

3ª Festa da "FROITA AUTÓCTONA DO EUME"

Seguindo co noso proxecto: "O Lugar onde vivimos", estamos aprendendo que unha das peculiaridades da nosa zona é a gran variedade de froita que temos, e por esa razón, mañá, venres 29, celebramos no colexio a 3ª Festa da "Froita Autóctona do Eume" en colaboración con AGFA do Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume), tamén faremos actividades relacionadas co Samaín, estades todas e todos invitad@s. Premendo na foto podedes acceder ao programa:



Este ano as maceiras que plantamos no recinto escolar deron xa os seus froitos, mirade:



Facendo un pouco de historia:


Premendo neste enlace poderás acceder ás bases do concurso de froita autóctona:

BASES DO CONCURSO

24/10/10

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



Co motivo da celebración, o 24 de outubro, do Día das Bibliotecas Escolares, a Consellería de Educación difunde un cartel co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Nesta ocasión é Marina Seoane a ilustradora do cartel que ten como lema:
Este vídeo que enlazamos a continuación ben pode valer para reflexionar sobre o importante papel que poden xogar as Bibliotecas Escolares:


17/10/10

O LUGAR ONDE VIVIMOS: "As Fragas do Eume"


O proxecto que abordaremos durante este curso no noso Centro leva por título:
"O LUGAR ONDE VIVIMOS"
Un dos espazos máis importantes da nosa zona son "As Fragas do Eume". O alumnado do 3º Ciclo tivo unha visita guiada con recollida de información escrita, fotos e vídeo para a posterior realización de actividades na aula.
Dende a Biblioteca ademáis de bibliografía aportamos unha procura do tesouro.


Premendo na seguinte foto poderás acceder:


14/10/10

FORMACIÓN DE USUARIOS E GLOGSTER.

Iniciándonos no uso dunha interesante ferramenta da web 2.0, Glogster, elaboramos unha pequena recompilación de actividades e marco teórico de "FORMACIÓN DE USUARIOS". Actividades creadas no CEIP Conde de Fenosa (Barco de Valdeorras), no CEIP A Ramallosa, en Biblioteis, un enlace a "La formación de usuarios en la Biblioteca Escolar" de Mónica Baró y Teresa Mañá e "Unha de piratas". Despois desta primeira toma de contacto co mundo dos murais dixitais estamos animad@s a empregalo nas aulas, pensamos que ten moitas posibilidades...

Se premes neste enlace podes acceder ao poster en tamaño orixinal:

12/10/10

APERTURA BIBLIOTECA.

O martes, 5 de outubro, comezamos as actividades do alumnado na Biblioteca con xuntanzas informativas por ciclos. Previamente tivemos unha reunión coas titoras ás que lles entregamos unha carpeta que contén:
  • Guía da biblioteca.
  • Calendario do Libro e a Lectura.
  • Titoriais de Recursos Meiga.
  • En que consiste a "Hora de Ler"?
  • Mochilas Viaxeiras.
  • Decálogo Lector.
  • Itinerarios Lectores.
    Un adianto da reportaxe fotográfica de E. Infantil, 1º Ciclo e alumn@s colaboradores:



7/10/10

"Como bágoas... na choiva"

Preme na foto e atrévete con este orixinal crebacabezas. Sorte!!!


Outro interesante pasatempo:

"Como bágoas... na choiva"

vía ANB (blog de Antonio Alonso)

Preme neste espazo:



2/10/10

"El Quijote Online" en Youtube.

Calquera usuario de YouTube pode subir o seu vídeo á canle e participar neste proxecto mediante a lectura dun dos 2149 fragmentos nos que foi dividido "El Quijote".
O propósito desta idea de YouTube, que conta co apoio e a colaboración da Real Academia Española (RAE) e da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE), é lograr unha lectura completa e global do Quixote en Internet, a cargo de lectores de todos os recunchos do planeta.
Os usuarios que desexen tomar parte na iniciativa deberán entrar na páxina
http://www.youtube.com/elquijote e facer clic no botón «participar».


26/9/10

"LER EN FAMILIA"


Dez definicións do que é unha Familia comprometida coa Lectura, forman este decálogo que repartiremos ás familias do noso alumnado para ser comentado nas reunións de titorías do mes de Outubro. É a primeira proposta que dende a biblioteca elaboramos neste novo curso, e está baseada no "Decálogo Lectura" do mestre e bibliotecario Mariano Coronas Cabrero.




18/9/10

BENVIDA.


Comezamos un novo curso e está sempre a ilusión de trazar novas liñas nas páxinas da nosa vida.
Dende a biblioteca "Soños de andel" desexámosvos que esas liñas, que agora son unha incognita, sexan sempre para ben.
Aquí tedes un pequeno vídeo de BENVIDA que elaboramos coas ilustracións de
Luis Silva, do seu libro "O senhor das Palavras":


30/7/10

LENDO NO VERÁN

Diferentes imaxes da lectura no verán, da ilustradora Linda Prater.
A lectura sempre nos pode acompañar alí onde imos...

Vía Pinzellades al món

30/6/10

FIN DE CURSO.

Todas as nenas e nenos do colexio preparamos unha homenaxe para o alumnado de 6º curso que inician unha nova andadura coa súa marcha ao instituto o próximo curso. Ao remate celebramos o acto de graduación coa entrega de diplomas e a banda de graduad@s. Tamén fixemos entrega duns agasallos aos encargados e encargadas de biblioteca. Ademais repartimos os diplomas aos mellores lectores deste terceiro trimestre. Foi un acto moi, moi emotivo...


FELICES VACACIÓNS!!!

27/6/10

CELEBRAMOS O 25 ANIVERSARIO!!!



PROGRAMA:
12.15 Actuación do MAGO MARTÍN na sala de usos múltiples.
13.00 Benvida.
13.10 Recitado de poesía: “Espinelas para el CEIP Andrade”
Presentación de fotos. No Recanto dos Contos.
13.35 Cantamos “Cumpreanos Feliz”
13.40 Actuación do grupo de música Pop: “Teenagers”
14.00 Ximnasia Rítmica: “Club Acordes.”
14.15 O “Rap de Andrade”
14.45 Xantar de convivencia.
Á entrada do colexio tivemos exposición de fotos e unha mostra da traxectoria do colexio ao longo destes 25 anos.



VÍDEO NO "RECANTO DOS CONTOS":
"A ESCOLA DOS NENOS E NENAS FELICES"





20/6/10

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA.


Esta semana celebramos a última reunión do Club de Lectura, neste curso 2009/2010. O libro escollido foi "La canción de Amina". As responsables do Club preparamos unha ambientación especial na biblioteca relacionada co lugar onde se desenvolve a novela, unha tribo marroquí. Despois dos comentarios e posta en común, vimos un documental sobre a forma de vida e os costumes destas tribos do deserto e bailamos ao son da súa música. Foi moi divertido. Rematamos cunha merenda.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

14/6/10

O COLE CUMPRE 25 ANOS!!!


Aquí tedes unha mostra dos MARCAPÁXINAS que o alumnado fixo para conmemorar estas "Bodas de Prata" do colexio.

6/6/10

O NOSO COLE NO XORNAL.

"Pegadas" é un xornal de ámbito comarcal que se corresponde coa área que comprende os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Somozas e Vilarmaior. Pretende favorecer un mellor coñecemento da realidade destas zonas nos diferentes campos, culturais, deportivos, artesanais...
Está escrito integramente en galego e ten unha periodicidade mensual.
Neste mes de xuño na sección "Axenda Ensino"aparecen dúas reportaxes sobre actividades do noso centro:

"OS ALUMNOS DE ANDRADE VISITAN O COUREL"



"O CEIP DE ANDRADE CELEBRA OS SEUS 25 ANOS DE VIDA"

Parécenos unha labor moi importante a que se está realizando dende este xornal porque, entre outras cousas, difunden información da realidade cotidiana na que todas e todos nós somos protagonistas.
Parabéns á xente que traballa para que este proxecto sexa posible.

29/5/10

REMATA MAIO, "MES DAS LETRAS".


Remata o mes de Maio, "MES DAS LETRAS".
Para celebralo, organizamos no colexio unha festa con: obras de teatro, recitados, cantigas, exposicións...
Aquí tedes unha mostra:






26/5/10

MAIS ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2010.

Aínda que xa fixemos moitas actividades no colexio relacionadas coa celebración das Letras Galegas e o seu homenaxeado: "Uxio Novoneyra"; o xoves e venres desta semana terá lugar unha celebración especial na que todo o alumnado fará a súa aportación. Este é o programa:


20/5/10

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS do Olmo


A xornada, desenvolveuse baixo o lema “Encontros culturais e Mostra de Traballo de Artesanía"

O mércores 19, todos os colexios de Pontedeume fomos invitados pola Unidade veciñal "OLMO" a visitar unha mostra artesanal e de xogos populares. Había cestería, cerámica de Buño, traballos de cantería, ferreiro, torneado de madeira, pirogravado, traballos de bordado, traballos en coiro e obradoiro de cociña.
Tamén elaboramos un boliño de pan que comemos con chocolate.
E recibimos un agasallo moi especial; un lote de libros en galego para a nosa biblioteca.
Parabéns aos organizadores destas actividades e moitas grazas polos agasallos.

Para ver a reportaxe da TVG preme aquí.
Estas son algunhas das portadas dos libros que recibimos para a nosa biblioteca.

13/5/10

VIAXE AO COUREL.

O alumnado do 3º ciclo fixo unha visita guiada ao Courel. Unha monitora foilles explicando as peculiaridades da Flora e Fauna da zona. O máis emocionante foi que puideron ler os poemas de Uxío Novoneyra "in situ" onde naceron, medraron e viron a luz. Poemas adicados á paisaxe, aos arredores da súa casa, no seu banco favorito, no seu cuarto...
Tiveron a gran sorte de coincidir na casa de Uxío coa súa muller, Elba, que moi amablemente, lles amosou todas as dependencias e ademais compartíu con eles, a lectura de poemas e escribiunos unha dedicatoria, no libro "Os Eidos", que gardaremos con moito agarimo na nosa biblioteca.
Moitas grazas Elba!!!
Esperamos ansios@s a túa visita ao colexio.

10/5/10

AS ESTACIÓNS DE UXIO NOVONEYRA.

Todo o alumnado do colexio participou nun proxecto de traballo sobre a vida e obra de Uxio Novoneyra seguindo as estacións do ano:
E.Infantil e 1º ciclo, Inverno: "A miña infancia"
3º curso, Primavera: "A miña xuventude"
4º curso, Verán: "A miña madurez"
5º curso, Outono: "Últimos anos da miña vida"
6º curso:
Situación social na Galicia de Uxio Novoneyra e caricaturizando a Uxio.
En cada estación do ano elixiron unha escolma de poemas relacionados que escribiron e ilustraron.
Aquí tedes o resultado:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails