24/2/11

LECTURAS COMPARTIDAS I

Dentro das actividades programadas polo Equipo de Biblioteca está a titulada:

"LECTURAS COMPARTIDAS":

Consiste en que os alumnos e alumnas do 3º ciclo lles lean aos alumnos/as de cursos inferiores, pero tamén invitamos aos pais, nais ou familiares a que veñan ao colexio e lean aos nenos e nenas un conto, historia ou relato. Poden traelo da casa ou elixilo entre os libros da nosa biblioteca.
O martes 22, MªCarmen, a nai de Alma de 6º curso, presentounos o conto:
"Un extraño dolor de barriga", seguindo coa temática do amor e a amizade proposta para este mes de febreiro.
Alma fixo unha emotiva presentación da súa nai, e MªCarmen sorprendeunos a todos coas súas magníficas dotes de contacontos. Desde aquí queremos darche as grazas pola túa colaboración e os nosos PARABÉNS.

21/2/11

Plambe Ferrolterra no "Fernando Esquío"

Desta xuntanza na Biblioteca do IES Fernando Esquio queda moi pouco que dicir despois de ler as fantásticas reportaxes do "Segrel do Penedo" e da "Biblioteca Xoán Farias". Só engadir que as anfitrionas conseguiron que nos sentiramos moi a gusto e que teñen unha fermosa Biblioteca, que denota moitos anos de bo traballo.
Parabéns a Begoña e a todo o seu equipo!!!
A próxima xuntanza, na Biblioteca do CEIP "O Ramo", en Barallobre.
Aquí tedes a montaxe fotográfica que Rosana (CEIP Pazos) fixo coas fotos da nosa reporteira Maribel (CEIP Os Casais); Moitas grazas ás dúas.

20/2/11

Comentarios "MOCHILAS VIAXEIRAS"


Neste glogster están recollidos algúns dos últimos comentarios e debuxos que aparecen nos cadernos que acompañan ás "Mochilas viaxeiras".
Se os queres mirar con detalle, fai un clic e non soltes.


16/2/11

DÍA DO AMIGO: "Un soño na bandexa"


O luns 14, celebramos no cole o "Día do Amigo".
As nenas e nenos do 2º ciclo fixeron un teatro lido dun conto: "Un soño na bandexa".
É un álbum que encerra un fermoso soño. Cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cousas moi especiais a un camareiro disposto a soñar con nós.
Tamén disfrutamos moito coa película do "Soldadiño de Chumbo".
Para rematar cantamos todos xuntos: "En mi corazón vivirás" de Phil Collins. O alumnado de infantil repartiu fermosas flores que fixeron eles mesmos, e houbo intercambio de corazóns, a cada un tocounos o dun compañeiro ou compañeira do cole.
Os libros do "Soldadiño de Chumbo" e "Un soño na bandexa" estarán pronto á vosa disposición na Biblioteca, de momento forman parte da exposición de "Lecturas con corazón" á entrada do colexio.



Preme na foto para ver a guía de "Lecturas con corazón":


13/2/11

Xuntanza do club de lectura "RAIOLECTORES"

O venres día 4 xuntámonos na Biblioteca para falar de libros: "O misterio dos fillos de Lúa" e "Operación yogur", ademais do intercambio de opinións e impresións sobre o seu argumento, tamén vimos uns vídeos relacionados, e ata cantamos unha canción sobre alimentación saudable.

Foi unha xornada moi interesante!!!
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:


8/2/11

CONTACONTOS PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO.


A semana pasada visitáronnos Patri e Alex, contacontos da editorial Kalandraka, que viñeron para presentar aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo os contos: "Un gran soño", "Unha parella diferente", "Un becho estraño" e "Os catro amigos".
Foi moi divertido porque ademais de contar tamén cantamos e tocaron instrumentos tan orixinais como o berimbau e a frauta de émbolo.
Os nosos parabéns para estos fántasticos contacontos.
Ata pronto!!!






Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails