21/10/26

Curso 2026/27- Unha viaxe cinematográfica

A rapazada bibliotecaria estivo traballando arreo para poñer a punto a nosa biblioteca Soños de Andel.

Asinaron un contrato como bibliotecarias e bibliotecarios, así como de colaboradoras e colaboradores dos espazos fedelleiros para os días de choiva.

Están a facer un traballo fantástico!

Parabéns a todas e todos pola vosa participación e colaboración!


O vindeiro 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Con motivo desta celebración, o alumnado voluntario fará entrega das mochilas viaxeiras e presentará o noso PDI, que este curso escolar estará dedicado ao tema:



Deixámosvos cunha carta escrita por Raioteca e Lorolareto, que dá comezo a este novo curso cinematográfico, no que gozaremos de películas, curtametraxes, actores, actrices, premios e moitas sorpresas máis.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails