21/10/17

DÍA DA BIBLIOTECA 2017


O vindeiro martes celebraremos no cole de Andrade o Día da Biblioteca.

ACTIVIDADES CO ALUMNADO

1.- Breve explicación de por que se celebra o día 24 de outubro; presentación do cartel, e unha breve reseña do texto elixido este ano.

2.- A nosa mascota, Raioteca, preséntanos á súa curmá Roboteca e ao robot amarelo, que serán os que nos vaian amosando as diferentes actividades do noso PDI anual titulado: 
"Roboteca sae á horta".

3.- A nosa mascota agasállanos cunha fermosa historia, unha adaptación do libro titulado :”O neno que tiña medo dos robots” “O robot que tiña medo dos nenos” que interpretará o alumnado de 6º curso.

ACTIVIDADES COS MESTRES

1.- Comunicamos aos Mestres que dende a Biblioteca creouse unha wiki para recompilación de tódalas actividades relacionados co PDI anual: enlaces de interese, actividades con escornabots, recursos …

2.- Informamos tamén da creación na Biblioteca dun recanto específico onde poden atopar todo o material relacionado co noso Proxecto Documental:  xogos, libros de ficción, informativos, multimedia….


12/10/17

Descubrindo Escornabots

É certo que as persoas aprenden ao longo da vida e se non mirade estes mestres como pasan a tarde descubrindo Escornabots.


Os Escornabots baixan a infantil

Con este proxecto pretendemos desenvolver no noso alumnado habilidades, capacidades e competencias clave a través de pequenos retos de aprendizaxe empregando neste caso a estes novos amiguiños que viven na nosa biblioteca.
A primeira toma de contacto do alumnado de infantil cós Escornabots deixounos unhas imaxes inesquecibles.















Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails