ACTIVIDADES CO ALUMNADO
1.- Breve explicación de por que se celebra o día 24 de
outubro; presentación do cartel, e unha breve reseña do texto elixido este ano.
2.- A nosa mascota, Raioteca, preséntanos á súa curmá Roboteca e ao robot
amarelo, que serán os que nos vaian amosando as diferentes actividades do noso
PDI anual titulado:
"Roboteca sae á horta".
3.- A nosa mascota agasállanos cunha fermosa historia, unha adaptación
do libro titulado :”O neno que tiña medo dos robots” “O robot que tiña medo dos
nenos” que interpretará o alumnado de 6º curso.
1.- Comunicamos aos Mestres que dende a Biblioteca creouse unha wiki para recompilación de tódalas actividades relacionados co PDI anual:
enlaces de interese, actividades con escornabots, recursos …
2.- Informamos tamén da creación na Biblioteca dun recanto específico onde
poden atopar todo o material relacionado co noso Proxecto Documental: xogos, libros de ficción, informativos,
multimedia….
No hay comentarios:
Publicar un comentario