30/4/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VIII: Visita da ilustradora María Lires.

o xoves 25 de abril, recibimos a visita de María Lires. Xa sabedes que é a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca: "Soños de andel", pero tamén de moitos outros libros de literatura infantil e xuvenil, cos que estivemos traballando na área de Ed. Artística. Aquí tedes un enlace á listaxe deses libros:
Libros María Lires.

En primeiro lugar, xuntámonos no Recanto dos Contos e despois de que os alumnos e alumnas do terceiro ciclo  fixeran a presentación, quixemos agasallar a María coa representación do seu libro: "Bechos Pequerrechos".  Participaron moitas nenas e nenos de diferentes cursos, e ademáis elaboramos uns monicreques, que cobraban vida, movidos polo alumnado de 4º curso. Foi moi divertido, e pasámolo moi ben.
Despois, as alumnas e alumnos de 6º curso, fixéronlle unha entrevista con preguntas moi interesantes.
Para rematar, cantamos dúas cancións, unha adicada aos bechos pequerrechos: "Estes son bichiños con algo especial" e outra adicada á nosa amiga María: "María e a poesía".
Este acto serviunos de colofón para o remate da segunda parte do proxecto AS CORES DE GALICIA, adicado este segundo trimestre ás ilustradoras galegas, e en especial a María Lires. 

Moitas grazas María, e ata sempre!!!




29/4/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VII: EXPOSICIÓNS.

Ao longo deste mes tivemos no colexio varias exposicións co motivo da celebración do Día do Libro 2013:

  • Exposición de libros de Poesía.
  • Exposición de Fotopoemas.
  • Exposición de cadros que o alumnado realizou inspiorandose nas obras da ilustradora María Lires.
  • Mercadillo de Libros e Películas.
  • Exposición dos libros máis lidos.
  • Pases ao Liberespazo.

28/4/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VI, "Adiviña quen son..."

DING, DONG, DING, DONG, ADIVIÑA QUEN SON......


Diego, Paula, Verónica e Alejandro preséntannos estas catro adiviñas que podes atopar no libro: "QUEN SON? , unha nova adquisición da nosa Biblioteca. Neste libro non só atoparás catro, senón un montón de divertidas adiviñas.



ABRIL, MES DOS LIBROS V: "LECTURA PROTECT"



Dende a Biblioteca das palabras Máxicas, no CEIP de Oca, chegounos hai algún tempo unha actividade titulada "Ler faiche ben", nós o que fixemos foi poñerlle unhas imaxes e un nome a este medicamento tan recomendable. Seguide atentamente as recomendacións que nos len estes nenos e nenas no Recanto dos contos:





ABRIL, MES DO LIBRO IV, Entrega de premios: Fotopoema, Mellores lectores, Axudantes de Biblioteca.





25/4/13

ABRIL, MES DO LIBRO III: Ilustrador Pablo Otero

Recibimos a visita do ilustrador Pablo Otero, que impartíu un obradoiro de Caligramas e Ideogramas para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Entregoulles a cada un deles a definición dunha palabra e tiveron que elaborar un Caligrama coas súas letras. Previamente fíxonos varias demostracións. Foi unha actividade moi interesante e os resultados moi orixinais. Aquí tedes unha pequena reportaxe fotográfica.



14/4/13

ABRIL, MES DO LIBRO II: Contos musicados.

Neste mes de abril, MES DO LIBRO, tamén na aula de música falan de libros, a profe Isabel está levando a cabo un proxecto titulado: 
"Falemos de libros musicados". 
No corredor de acceso á aula de música, temos unha exposición dun bo número destes libros, acompañados dunha foto do músico ou músicos que participaron, e unha breve explicación. Non deixedes de visitar esta interesante exposición. 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Parabéns pola iniciativa!!!






8/4/13

ABRIL, MES DO LIBRO I

Dentro das actividades programadas para o mes de abril,  "MES DO LIBRO", temos a visita de dous fantásticos ilustradores:
O vindeiro xoves día 11, recibiremos a Pablo Otero, que impartirá un obradoiro de Ideogramas e Caligramas, para o 3º ciclo.
 E o xoves 25 de abril, recibiremos a visita de María Lires. Recordade que é a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca: "Soños de andel", pero tamén de moitos outros libros de literatura infantil e xuvenil, cos que estivemos traballando na área de Ed. Artística. Aquí tedes un enlace á listaxe deses libros, por se queredes mercar algún para telo asinado.
Libros María Lires.


 Dúas mostras do noso traballo 
con ilustracións de María.







PROGRAMACIÓN ABRIL, MES DOS LIBROS.



7/4/13

ROTEIRO PLAMBE-FERROLTERRA XIV



Nesta ocasión a xuntanza do Plambe Ferrolterra tivo lugar na Biblioteca do CEIP Santiago Apostolo de Franza. Unha biblioteca con moita maxia. Dende aquí queremos agradecerlles a súa fantástica acollida e darlles os parabéns polo seu traballo. Foi unha xornada moi interesante. Enlazamos a completísima reportaxe que Loly Lago  fixo no blog do Segrel. Grazas tamén a Loly por compartir con todos nós esta entrada.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails