27/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015

O día 23 xuntámonos no Recanto dos Contos para celebrar o "Día das Bibliotecas".
Primeiro limos unha carta que nos enviou a nosa mascota, Raioteca,  AQUI

Despois un grupo de alumn@s de 6º curso fixeron a lectura dun precioso conto : “Letras al carbón”,
Quixemos coa súa lectura, facerlles unha homenaxe aos mestres e mestras que nos ensinaron as primeiras letras e darlles as grazas por descubrirnos o mundo da lectura.

Os compañeiros de 4º e 5ºcurso fixeron unha regueifa (versos a varias voces, típicos da cultura popular galega)  xogando coas vogais: "Cando eu saiba ler" do libro-disco "O año pitaño"

E para finalizar cantamos todos xuntos unha canción ben divertida: “O Bibliotecario Don Ramón”.





Raioteca entregounos un agasallo: un fantástico marcapáxinas.


Neste enlace tedes acceso ao vídeo desta celebración:


26/10/15

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

Neste curso 2015/2016 contamos cun bo número de colaboradores na Biblioteca. Tiveron que asinar un compromiso, recibiron unha identificación e os turnos para este primeiro trimestre.
Se tedes algunha dúbida podedes consultar AQUÍ.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!



INICIAMOS UNHA NOVA ANDADURA.

Iniciamos este curso coa ampliación da Biblioteca que anexionamos coa aula de informática. Agora temos moitos máis ordenadores con conexión a internet que estarán a nosa disposición dentro da Biblioteca.
Na segunda quincena do mes de outubro, todo o alumnado do colexio visita a nova Biblioteca para recordar as normas de uso, horario, empréstitos, distribución dos espazos, presentación do novo equipo de alumnos/as colaboradores, club de lectura, hora de ler...
 Raioteca tamén informa de que ademais na Biblioteca podemos escoitar e ver contos, ver películas (de forma autónoma na zona multimedia), navegar por internet (na zona informática), que temos unha zona de xornais e revistas e un novo espazo web que irá recollendo todas as novidades que entran na nosa Biblioteca. Aquí deixamos unha presentación que recolle os puntos que tratamos neste acto de "Apertura da Biblioteca":





25/10/15

DOCUMENTOS PROFESORADO



Antes das xuntanzas de apertura da Biblioteca co alumnado de todos os cursos, temos unha reunión cos mestres, na que lles informamos de que no lateral do blog, poden atopar un apartado que recolle todos os documentos de interés relacionados co funcionamento da Biblioteca e outros aspectos, como ALFIN ou traballo por proxectos.




Tamén se informa de que neste curso creamos un espazo web no que iremos recollendo todas as novidades que entren na nosa Biblioteca, clicando na imaxe pódese acceder:

NOVIDADES E SUXESTIÓNS.


Ademais tamén dispoñen dos enlaces a uns acordos do profesorado, que se adoptaron como resultado dun PFAC (Proxecto de Formación en Centros), en relación a lectoescritura e TICS:




Este curso tamén creamos un espazo web no que iremos recompilando os traballos de investigación dos diferentes cursos en relación ao noso PDI: 
"A cultura popular do lugar onde vivimos"
(Pódese acceder premendo na imaxe)

A CULTURA POPULAR DO LUGAR ONDE VIVIMOS.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails