Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

19/12/17

POEMAS PARA ...

Dende a Biblioteca fixemos unha selección de poemas adicados a Cristina, unha mestre moi querida por tod@s nós, que leva moitos anos traballando no colexio, e que se xubila neste mes de decembro.
Estes fragmentos de poemas van acompañados de fotos, e debuxos elaborados polo alumnado de Centro.
Serán recitados polos mestres, e os nenos e nenas aos que Cristina, mestre de PT, lles daba clase.
Aquí os tedes:



Tamén varios alumn@s interpretaron unhas pezas musicais:
IAGO DE 3º CURSO, VIOLÍN
ISABEL DE 6º CURSO E CLAUDIA DE 4º, GUITARRA
E ARTUR DE 6º CURSO, PIANO.



Moitas grazas Cristina e ata sempre!!!

24/11/13

ACUARIO. María Canosa

A Deputación da Coruña a través da Área de Normalización Lingüística financia un espectáculo poético teatral organizado pola Editorial Embora en colaboración co Teatro dos Ghazafellos e a escritora María Canosa.
Baseado no libro de poemas "Acuario" de María Canosa presentan un recital dramatizado para que as nenas e nenos se acheguen á poesía e a unha sinxela escenografía. Todo elo con descricións rítmicas sobre os peixes e unha pequena historia ao redor da fauna mariña do noso litoral.
A este espectáculo que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume asistiron as alumnas e alumnos do 1º ciclo de Primaria. 
Parabéns aos organizadores desta actividade e por suposto á autora e actores e actrices que nos fixeron pasar un tempo tan divertido.
PARABENS!!!

2/4/09

"EU SON O MUNDO"

O 2 de Abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil. A mensaxe este ano leva o título de:
"Palabras y dibujos, prosa y verso
me trasladan a lugares
que están cerca y a la vez lejos ..."
No colexio, esta celebración coincide este ano co remate do certame de RECITADO DE POESÍA que convocamos dende a biblioteca 0 23 de Marzo co motivo da celebración do "Día Mundial da Poesía".
Foron tantos os poetas e poetisas que desbordaron todas as previsións, e o que ía ser, en principio, unha semana, foron dúas.
Algúns dos/as participantes elixiron os poemas dos libros de poesía expostos, pero a maioría dos poemas son de creación propia.
Aquí amosamos a exposición que lle adicamos a DONA POESÍA e DONA PRIMAVERA:




Aquí tedes unha reportaxe fotográfica do CERTAME POÉTICO.


CERTAME DE RECITADO DE POESÍA. on PhotoPeach


Fixemos unha recompilación dos poemas de creación propia en galego cos que imos elaborar un libro para a nosa biblioteca. Esta é unha mostra deses poemas e ilustracións recitados polos seus creadores e creadoras.

Noraboa a todas e todos !!!

Mañá venres farase pública a lista dos gañadores e gañadoras do certame e será a entrega de premios a todas e todos os participantes. Grazas por converter esta actividade en algo realmente fantástico. Parabéns!!!

24/3/09

POESÍA: "A cor das Palabras"

Palabras AZUIS para falar do ceo, do mar e, mesmo, do vento...
Palabras VERDES para falar dos campos, das ilusións, das esperanzas...
Palabras AMARELAS para falar da luz, do sol, do agarimo...
Palabras NEGRAS para falar de guerras, de aldraxes, de tristura...
Palabras LARANXAS para falar do tempo, de risas, de amizade, de xogos, de apertas...
Palabras GRISES para falar de enfados, de egoísmos, de tronos, de treboadas, de invernos...
Palabras VERMELLAS para falar..., para falar, de amor!
Antonio García Teijeiro.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails