30/1/11

OS SETE CABALEIROS DE CORES.

As alumnas e alumnos de 5º curso representaron no "Día da PAZ" unha peza teatral titulada:

"OS SETE CABALEIROS DE CORES"

Con ela fixéronnos ver que uns dos valores máis importantes para ter un mundo feliz son a SOLIDARIEDADE e a TOLERANCIA, que sendo todos diferentes, sempre temos algo que aportar e que temos que ver esas diferencias como algo positivo e enriquecedor.

Que cores tan diferentes e que fermosos todos xuntos!!!

Se queres acceder á obra de teatro escrita, preme aquí.

A reportaxe fotográfica:


Parabéns a eses actores e actrices polo seu fantástico traballo!!!

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA.



Para vivir en paz cós demais temos que estar en paz con nós mesmos.
Sé Feliz!!!

19/1/11

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA-OQO editora


Co motivo da celebración, o 30 de xaneiro, do "Día Escolar da PAZ e non violencia", a editorial OQO fai unha recompilación dos libros relacionados con esta temática:
Para prelectores, da colección nanOQOs:
"Caracol e vermiño"
Das coleccións O e Q para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos:
"A guerra dos números"
"A máscara do león"
"Valentino"
"O cabaleiro pepino"
Da colección solidaria Qontextos:
"Fume"
Todos estes libros podes atopalos na nosa biblioteca.

17/1/11

Atrapado na torre, espectáculo de maxia .


A Xunta de Galicia e a Editorial Everest desenvolveron, o sábado 15 en Pontedeume, unha actividade enmarcada na campaña de dinamización lingüística BOCABERTA:

"Atrapado na Torre", é un espectáculo baseado na maxia que se pode desprender da lectura.
Mediante a sucesión de xogos, o mago tentou descubrirlle aos nenos e nenas a ilusión, fantasía e a maxia agochada nos libros e nos contos.

Ao remate fixeron entrega aos nenos e nenas asistentes dun exemplar do libro.




1/1/11

FELIZ 2011

Dende o blog Pinzellades al món chéganos este fermoso calendario ilustrado de Poly Bernatene, para comezar o ano 2011.
(Para velo en tamaño completo e poder imprimir, clica sobre a imaxe)

FELIZ 2011!!!

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails