21/12/08

NADAL 2008: "O Nadal no mundo"




VESTIMOS O COLEXIO DE NADAL. TODAS E TODOS APORTAMOS ALGO.





VISITA DE EX ALUMNOS E ALUMNAS .


GRAZAS POLA VISITA, FOI UN BONITO REGALO DE NADAL. FELICES VACACIÓNS . MOITOS BICOS...



18/12/08

CHEGOU O DÍA...




















O xoves 18, celebramos o tan esperado sorteo da BIBLIOTÓMBOLA.
Cada un d@s participantes collía un número dunha bolsa, e un d@s encargad@s de biblioteca entregáballe o libro correspondente a ese número. Os profes tamén participamos.
Que libro che tocou?
De quen era o libro?
Que pon na ficha?
A quen lle tocou o meu?...
Esas eran algunhas das preguntas que se escoitaban despois do sorteo.
Foi moi emocionante. Todas e todos os participantes levamos un libro dun compañeiro ou compañeira, como agasallo de Nadal.
Ao remate Raioteca desexounos BO NADAL, FELICES LECTURAS e despediuse ata o novo ano 2009, que nos estará esperando na nosa biblioteca.
Tamén recibimos a visita dos paxes reais, que entraron no salón xusto antes de iniciarse o sorteo, foi unha sorpresa moi agradable para tod@s e en agradecemento cantámoslles unha panxoliña.
Ahí tedes a reportaxe fotográficas deste día de tantas sorpresas.

16/12/08

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL.



Xa faltan só dous días para o gran sorteo da Bibliotómbola de Nadal e continuamos coa presentación dalgúns dos libros aportados polos alumnos e alumnas do colexio. Nesta ocasión son Almudena e Alejandra, do 2º ciclo, que nos contan como chegou ese libro ás súas mans, que futuro lles gostaría para él, e fan unha breve lectura do seu argumento. Son dous libros moi interesantes, titulados: "Perla y el bolso perdido" e "Kika superbruja y el hechizo de la Navidad".

Noraboa ás dúas!!

11/12/08

Representación Teatral: "CASCANUECES"


As alumnas e alumnos de Infantil, primeiro e segundo ciclo asistiron á representación dunha peza teatral titulada: "El cascanueces".
Esta obra ten a súa orixe nun espléndido conto:
"El cascanueces y el rey de los ratones"
do escritor e músico alemán Hoffman .
Con este motivo dende a biblioteca adquirimos dous libros relacionados con esta obra, fusión de literatura, música e teatro:
"Cascanueces" dentro dunha serie de contos clásicos con CD, publicada por imaginarium, para Infantil e 1º ciclo.
"Musicando con Chaikovsky y el Cascanueces" tamén con CD, para o segundo ciclo.


A historia comeza cunha festa na véspera do Nadal, na casa dos pais de Clara. Drosselmeyer é un dos invitados á festa e trae varios regalos para a súa sobriña, entre eles un casca noces con forma de soldado. O irmá de Clara, Fritz, trata de apoderarse do novo xoguete da súa irmán e rompe....




Marcha del Cascanueces Op 71 - TCHAIKOVSKY


8/12/08

10 de Decembro: "Día dos dereitos humanos"



Kontu Kontari é unha colección de videocontos infantís; os personaxes protagonizan historias relacionadas coa Convención sobre os Dereitos dos nenos/as. Cada un dos contos que forman esta colección trata de forma específica un dos dereitos que se recollen na Convención: a igualdade, a saúde, o benestar, a educación e a protección. Ademais de tratarse dun sitio deseñado para ser completamente accesible, en Kontu kontari os contos están subtitulados e acompañados de tradución sincrónica a linguaxe de signos.


Preme na foto para acceder aos contos.

5/12/08

"O 30 CUMPREANOS DA CONSTITUCIÓN"


Para traballar a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA na rede, seleccionamos unha lista dos
enlaces que nos parecen máis interesantes:
Terás que premer nas fotos para ir ás actividades.
A Constitución Española para nenos e nenas. (Páxina do Parlamento de Canarias)

Xogamos coa Constitución (vía CEIP Walabonso)



Actividades CLIC sobre a Constitución.



Aprender e vivir a DEMOCRACIA (CEIP Menéndez Pelayo)


Para os máis pequenos/as: "A CONSTITUCIÓN DO ZOO"(Junta de Andalucia)


3/12/08

Entrega de premios: Concurso "LECTURAS SAUDABLES"

O Luns, 1 de Decembro, fíxose pública a lista dos gañadores/as do concurso da Biblioteca. Pero non só foron premiad@s as/os gañadores senón que todos e todas os/as participantes recibiron un agasallo de Raioteca.
Noraboa!!!!!!!!



En Infantil o debuxo máis votado foi o de María (4 anos), cunha ilustración baseada nos libros de "Laura e compañia"









No 1º ciclo, Fran (2º curso), cunha ilustración do conto titulado: "A colección de galletas"








No 2º ciclo, Ana (3º curso),a súa ilustración está inspirada na lectura do libro: Como se fai o chocolate?



No 3º ciclo:

A primeira en rematar "a caza do tesouro" foi: Rocio de 6º curso.

En segundo lugar: Samuel (6º curso).

En terceiro lugar: Lucía (6º curso).


Ao remate da entrega de premios, Lucía de 5º curso , leunos un anaco do libro que ela trouxo para participar na Bibliotómbola de Nadal .
Ao longo destas dúas semanas iremos presentando algúns dos libros que vaiamos recibindo.







29/11/08

"CONTOS PARA FALAR"

O Mércores 26, todos os alumnos e alumnas do Centro, asistiron a unha sesión de contacontos, dentro do proxecto: "CONTOS PARA FALAR", que está a desenvolver a Secretaría de Política Lingüística en toda Galicia.

  • En Infantil a actividade xirou en torno ao conto:

"A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ"


Seguro que coñeces ao Ratiño Pérez, pero... a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle? Neste conto descubrirás que serven para protexernos de todas as bruxas malas do mundo...

Autores: Fidel del Castillo e Mabel Piérola.

  • No 1º Ciclo:

"A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES"

No máis fondo e mollado do mar, vivía unha quenlla branca, gorda coma unha balea, que xa non lembraba a súa idade, tan vella como era. Esta vella e despistada quenlla tamén era moi larpeira e unha noite confundiu unha pedra cunha rica e saborosa madalena...

Autores: Xabier López López e Manuel Uhía

  • No 2º Ciclo:

"O NENO QUE TIÑA MEDO DOS ROBOTS"

"O ROBOT QUE TIÑA MEDO DOS NENOS"

Riiiiiiiiiiinnngg!!! Soou o timbre do reloxo espertador. Luís estirou a man. Premeu o botón do espertador e o timbre calou...

Autores: Miguel Vázquez Freire e José Tomás.

  • No 3º Ciclo:

"A ODISEA CONTADA AOS NENOS"

Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle facer mal ...

Autora: Rosa Navarro Durán



25/11/08

"DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

OS BLOGUES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES UNÍMONOS PARA DICIR NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO:


vía O Segrel do Penedo.





vía Trafegando Ronseis

24/11/08

Infantil e 1º ciclo: "Actividades 25 de Novembro"


Con motivo da celebración o 25 de Novembro do "DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES" os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo participaron nun obradoiro impartido na biblioteca polo Consorcio Galego de Igualdade.
Pero tamén os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo nos aportan un estupendo traballo relacionado con esta temática, do que recollemos unha mostra neste video:




Actividades 25N from Andrade on Vimeo.

Dende a Biblioteca aproveitamos esta data para publicar unha pequena relación de libros COEDUCATIVOS:





20/11/08

20 de Novembro: "DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA"

Campaña de publicidade contra o "CASTIGO FÍSICO INFANTIL":
As túas mans son para protexer.


19/11/08

OBRADOIRO DE IGUALDADE (3º ciclo de primaria)





O Martes 18 tivo lugar na biblioteca a segunda sesión do "Obradoiro de igualdade" impartido polo CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR.
Trataron o tema da identidade de xénero e a socialización diferencial.


Sexo E XéNero
View SlideShare presentation or Upload your own.


Se queres ampliar a información sobre "VIOLENCIA DE XÉNERO" preme nesta foto:




16/11/08

"A RULETA DAS PALABRAS"

Vía Tolinha, O Recanto de Mik e ANB chéganos este xogo de palabras.



14/11/08

Concursos na Biblioteca: "Libros saudables"

Xa podes inscribirte nos concursos da biblioteca.
Se queres participar terás que comunicarllo aos alumnos/as encargados/as.
Se desexas información preme nesta foto:



LIBROS SAUDABLES


BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.


CAZA DO TESOURO PARA O 3º CICLO
(Preme na imaxe)



12/11/08

MOCHILAS VIAXEIRAS 08/09


As "Mochilas Viaxeiras" inician a súa andadura neste curso 2008/09,
con novo contido para todos os ciclos.
Esperamos que ese Caderno Viaxeiro
chegue ao colexio cheo de comentarios, debuxos e suxerencias.


Desfrutade do seu contido en compañia!!!



7/11/08

"OBRADOIRO DE IGUALDADE"















Iniciamos no colexio un "Obradoiro de Igualdade" dirixido aos alumnos/as do 3º ciclo, impartido por dúas monitoras do consorcio galego de servicios de igualdade e benestar.
Os obxectivos desta entidade son:

  • Difundir as políticas de igualdade.
  • Sensibilizar e difundir valores e prácticas igualitarias.
  • Promover a participación da cidadania nos ámbitos da igualdade.
  • Ofertar recursos e servicios as mulleres.

Nesta primeira sesión van proxectar o conto: "Rosa Caramelo" de Adela Turín.
Se queres escoitar o conto, preme na imaxe.

31/10/08

"A ESTACIÓN SOMBRÍA"


Nas estacións do ano celta, o SAMAÍN, 1 de Novembro, era o comezo do inverno, a estación sombría.

A antiga festividade céltica do Samain foi habitualmente descrita como unha comunión cos espíritus dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.



O xoves día 30 celebramos a festa do "Samaín" no colexio, as actividades foron moi variadas:
As alumnas/os do 4º curso fixeron a representación teatral: "Indo para o Samaín".
Os nenos e nenas de 3º bailaron o "baile dos pantasmas".
Os alumnos/as de 1º Ciclo cantáronnos unha canción en inglés cunha proxección na que aparecían e desaparecían cabazas que eles chamaban "pumpkin lanterns".
No 3º ciclo, os rapaces e rapazas de 5º curso léronnos e explicáronnos moitas cousas sobre esta festividade. Os alumnos/as de 6º, seguindo co obradoiro de cociña, fixeron para todos nós un BIZCOITO DE CABAZA, que estaba boísimo.
Ao remate cantamos a canción do grupo Mamá Cabra: "Samaín".
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!



29/10/08

"INDO PARA O SAMAÍN"


O xoves día 30, celebraremos
O SAMAÍN. As alumnas e alumnos do 2º ciclo van facer unha representación teatral dunha obra titulada: "INDO PARA O SAMAÍN", seguro que será moi divertida, se che gusta e queres ler o libro, temos uns cantos exemplares na biblioteca.
Ao remate todos e todas cantaremos xuntos/as a canción do grupo Mamá Cabra:
"SAMAÍN".
Dende o blog da biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo chéganos este estupendo video que nos ilustra a canción.



28/10/08

Os libros de Agustín Fernández Paz na nosa biblioteca.


Agustín Fernández Paz, premio nacional de LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.
Estes son algúns dos títulos deste autor que temos na biblioteca do colexio. No noso catálogo Meiga na rede atoparás un pequeno resumo do argumento de cada un deles.


27/10/08

"A CELEBRACIÓN DO DÍA 24"


Coincidindo co "DÍA DA BIBLIOTECA", o venres 24 celebramos no colexio "A FESTA DA EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO" en colaboración con AGFA do Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
As alumnas e alumnos aportaron nese día unha morea de actividades relacionadas coa froita de Outono e sobre todo coa MAZÁ:

  • As nenas e nenos de Educación Infantil agasalláronnos cunha cantiga creada por eles mesmos e titulada: "Comendo froita".

  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria recitounos un poema de Outono: "O vento toleirón" e puxéronnos a proba cunhas adiviñas moi divertidas.

  • As alumnas/os de 3º curso léronnos un conto sobre froitas e cada un deles escribiu e ilustrou un poema adicado á mazá.

  • Os nenos e nenas de 4º curso escribiron uns textos moi interesantes sobre as froitas e léronnos unhas recomendacións moi saudables sobre alimentación e exercicio físico.

  • En 5º curso hai uns poetas de moito renome e agasalláronnos cuns poemas moi fermosos sobre as árbores.

  • As alumnas e alumnos de 6º curso fixeron unha selección de receitas elaboradas con mazás e cociñaron para todos nós. Ao remate prepararon unha exquisita degustación destas receitas feitas con mazá.

  • Todos e todas cantamos unha canción moi saudable, titulada: "Toma moita froita, moita froita fresca".

Esta é unha mostra dalgunhas destas actividades. Temos pendente o libro de poemas de 5º curso e o libro de receitas con mazá de 6º curso. En canto os teñamos serán tamén publicados neste blog.








RECORDA QUE SE QUERES VELO EN GRANDE TES QUE PREMER EN "OPEN PUBLICATION".

Dende a Biblioteca aproveitamos a ocasión para propoñer como temática de Outono: "LIBROS SAUDABLES" estamos a facer unha recopilación para cada un dos ciclos e iremos presentando distintas actividades relacionadas con estas lecturas: Ilustracións, caza do tesouro e concursos.






Tivemos tamén unha charla moi interesante: "A froita e a súa importancia na nosa dieta".
Aportáronnos este material :








Os xornais e a TVG recolleron tamén as actividades que celebramos neste día, se queres ver os videos da TVG preme nestes enlaces:

"FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO"

"ACTIVIDADES DO DÍA 24 DE OUTUBRO"

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails