Coincidindo co "DÍA DA BIBLIOTECA", o venres 24 celebramos no colexio "A FESTA DA EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO" en colaboración con AGFA do Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
As alumnas e alumnos aportaron nese día unha morea de actividades relacionadas coa froita de Outono e sobre todo coa MAZÁ:
- As nenas e nenos de Educación Infantil agasalláronnos cunha cantiga creada por eles mesmos e titulada: "Comendo froita".
- O alumnado de 1º e 2º de Primaria recitounos un poema de Outono: "O vento toleirón" e puxéronnos a proba cunhas adiviñas moi divertidas.
- As alumnas/os de 3º curso léronnos un conto sobre froitas e cada un deles escribiu e ilustrou un poema adicado á mazá.
- Os nenos e nenas de 4º curso escribiron uns textos moi interesantes sobre as froitas e léronnos unhas recomendacións moi saudables sobre alimentación e exercicio físico.
- En 5º curso hai uns poetas de moito renome e agasalláronnos cuns poemas moi fermosos sobre as árbores.
- As alumnas e alumnos de 6º curso fixeron unha selección de receitas elaboradas con mazás e cociñaron para todos nós. Ao remate prepararon unha exquisita degustación destas receitas feitas con mazá.
- Todos e todas cantamos unha canción moi saudable, titulada: "Toma moita froita, moita froita fresca".
Esta é unha mostra dalgunhas destas actividades. Temos pendente o libro de poemas de 5º curso e o libro de receitas con mazá de 6º curso. En canto os teñamos serán tamén publicados neste blog.
3 comentarios:
hola son Laura de 1º de eso, q tal? espero que ben. Xa vos vin na páxina web todos guapos, vestidos de cociñeiros e camareiros, tamén vin a Aurelio. Bueno moitísimos bicos e apertas para todos
Hola son Silvia , que tal? Espero que ben. Esteban moi ben vestidos de camareros e de cociñeiros. Os prostres parecian estar moi ricos , besos chao.
Hola son Silvia , Que tal?Espero que ben . Estaban moi guapos vestidos de camareiros e cociñeiros.Os postres parecían estar moi ricos .Bisos chao.
Publicar un comentario