32 anos ensinando, acompañando e deixando pegada!!!
30/10/26
COLORÍN, COLORADO, O MESTRE AURELIO VAISE XUBILADO
O SAMAÍN 2026
26/10/26
22/10/26
Xogando e aprendendo con Brazolinda
Abrimos as portas ao galego: xogos, aprendizaxe e diversión na biblioteca
Todos os xogos son de creación propia e están concibidos para que poidan participar neles persoas de diferentes idades, tanto en grupo como en familia. Trátase dunha actividade moi enriquecedora, xa que favorece a aprendizaxe de actitudes e dinámicas de cooperación, ao tempo que desenvolve habilidades motrices e cognitivas. Ademais, contribúe a mellorar a convivencia, fortalecer os vínculos e crear lazos entre as persoas participantes.
Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Educación Primaria foi o encargado de coñecer o funcionamento dos catro xogos propostos. Posteriormente, asumiu o papel de guía para explicarllos e mostrarllos ao alumnado de 5º de Educación Primaria.
A experiencia resultou todo un éxito e converteuse nunha magnífica xornada de aprendizaxe a través da gamificación, na que o xogo foi o punto de partida para compartir, cooperar e aprender xuntos.
21/10/26
Curso 2026/27- Unha viaxe cinematográfica
A rapazada bibliotecaria estivo traballando arreo para poñer a punto a nosa biblioteca Soños de Andel.
Asinaron un contrato como bibliotecarias e bibliotecarios, así como de colaboradoras e colaboradores dos espazos fedelleiros para os días de choiva.
Están a facer un traballo fantástico!
Parabéns a todas e todos pola vosa participación e colaboración!
Deixámosvos cunha carta escrita por Raioteca e Lorolareto, que dá comezo a este novo curso cinematográfico, no que gozaremos de películas, curtametraxes, actores, actrices, premios e moitas sorpresas máis.
8/6/26
RECOMENDACIÓNS LECTORAS -VERÁN 2026
Preparamos para vós unha selección especial de libros que vos farán vivir grandes aventuras, descubrir mundos a través da poesía, aprender cousas novas con libros informativos e moito máis. Hai opcións para todos os gustos e idades.
O verán é un tempo especial: tedes moitas horas por diante para deixar voar a imaxinación, crear as vosas propias historias, mergullaros nas páxinas dun bo libro e, sobre todo, gozar xunto á vosa familia.
Felices lecturas e bo verán!
6/6/26
3ª MOSTRA DE PROXECTOS
3ª Mostra de Proxectos do CEIP Plurilingüe de Andrade
Temos o pracer de convidarvos á 3ª Mostra de Proxectos do noso colexio, que se celebrará o próximo lunes 8 de xuño.
Nesta ocasión, o alumnado exporá os traballos realizados ao longo do curso no marco do noso Proxecto Integral de Centro "Tecendo Vida: Unha viaxe polos ecosistemas", unha apaixonante viaxe pola riqueza natural e cultural de Galicia.
Poderedes descubrir os ecosistemas máis emblemáticos da nosa terra: as Fragas do Eume, as Rías Altas e Rías Baixas, as Illas Atlánticas e as Serras de Galicia. Ademáis, atoparedes traballos sobre o corpo humano, ciencias, polos creativos e moito máis.
Esta mostra é o resultado do esforzo, a creatividade e a ilusión de toda a comunidade educativa. Será unha oportunidade única para compartir e celebrar xuntos a aprendizaxe e o traballo colaborativo.
Contamos coa vosa presenza para facer desta xornada un éxito!
Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño
Día Mundial do Medio Ambiente - 5 de xuño
As Nacións Unidas crearon o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño para recordarnos que coidar a natureza é moi importante para que todas as persoas vivamos mellor.
O tema de 2026 explícanos que protexer o clima non é só contaminar menos, senón cambiar a forma en que facemos as cousas e respectar máis o noso planeta.
Este día é unha oportunidade para que todos (nenos, familias, empresas e comunidades) aprendamos máis sobre o medio ambiente e fagamos cousas para protexelo.
A UNESCO escoita e aprende dos coñecementos de todas as persoas, incluídas as comunidades locais e os pobos indíxenas, para tomar mellores decisións que protexan a natureza.
Esta organización axuda aos científicos a estudar os ecosistemas (bosques, ríos, mares...) e ensina aos gobernos como cuidar os recursos naturais (auga, árbores, animais...) de forma responsable para que non se esgoten.
Dende o noso centro escolar, somos unha comunidade comprometida co Medio Ambiente, pois aportamos diferentes e diversas actuacións co obxectivo de concienciar e dar visibilidade a importancia de coidar a natureza e protexer os ecosistemas.
Estádesvos preguntando cales son eses compromisos que estamos a levar a cabo no noso centro, e que sementan sostibilidade?
Aquí tedes presentacións que xustifican o que estamos a facer para coidar e protexer o Medio Ambiente e deste xeito loitar contra o Cambio Climático.
Parabéns a todo o alumnado polo voso ben facer!!!
27/5/26
FAMILIAS EN SINTONÍA
17/5/26
LETRAS GALEGAS 2026- Begoña Caamaño
Un camiño de sementes:
A nosa alfombra floral para Begoña Caamaño
Cada curso participou neste proxecto colectivo elaborando radios que conforman a alfombra, e en cada unha delas, o alumnado escribiu as sementes que Begoña foi espallando ao longo da súa traxectoria: o seu compromiso coa lingua galega, a súa loita pola visibilidade da nosa cultura, o seu traballo incansable na educación e na defensa da identidade galega.
Como as flores que brotan da terra, as palabras e accións de Begoña Caamaño xermolaron un camiño de esperanza para a nosa cultura e a nosa lingua .
Esta alfombra floral é un tributo vivo a esa sementeira, un recordatorio de que cada palabra en galego, cada xesto de amor pola nosa terra, é unha semente que dará froitos no futuro.
Por outra banda, ao longo da semana pasada o alumnado de todo o centro ,estivo a realizar unha xincana, para pescudar sobre a vida de Begoña. Foi unha actividade moi divertida e educativa. Tamén se fixeron pequenos lenzos cheos de arte, creatividade e materiais reutizables, para dar visibilidade a estas sementes.
Broche de ouro das Letras Galegas 2026
Para pechar cun broche de ouro a nosa celebración das Letras Galegas 2026, o alumnado de 6º de primaria deleitounos con cantos e bailes de varias coplas dos maios. Algunhas delas forman parte do noso patrimonio máis próximo, recollidas da nosa propia contorna.
Esta fusión entre a homenaxe ás Letras Galegas e a tradición dos maios non é casualidade: pois polo mes de maio, no noso centro unimos ambas celebracións, entrelazando o recoñecemento ás figuras da nosa cultura coa riqueza do folclore popular que nos define. Así, a música, a danza e a palabra convértense nun só camiño de identidade e memoria colectiva.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este camiño de cores, palabras e homenaxe.
Porque, como Begoña nos ensinou, coidar a lingua é coidar quen somos.


















.gif)
.png)
.png)
.png)
.png)


.gif)

