26/4/25

PLANETARTE

 



  Para dar comezo ao mes de abril, con lecturas e libros mil, Raioteca agasallounos cun máxico , espacial e musical libro, titulado Os Planetas , escrito por Jose Antonio Abad e ilustrado por Antonio Seijas.

O libro trata sobre un neno que dorme profundamente e viaxa polo sistema solar nos seus soños. Ao ritmo da música de Holst, visitarás cada un dos planetas, descubrindo as súas características e as dos deuses que lles puxeron nome nunha viaxe a medio camiño entre a realidade e a fantasía.
Resultou unha xornada educativa, musical e lectora fantástica!!!
Moitas grazas a Jose Antonio Abad, autor deste máxico libro, por compartir con nós a súa experiencia e o seu bo saber.

Deixámosvos co podcast que a rapazada decidíu elaborar, coa información e a música desta xoia lectora, para darlle visualización ás diferentes características dos planetas e a relación coa música do compositor Holst. 


Feliz lectura e escoita musical!!!
                                              Magnífico traballo!!!  

4/4/25

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL-2025


Para dar visualización ao día internacional  do libro infantil e xuvenil, veu ao noso centro,este xoves 3 de abril,  un artista plástico e ilustrador chamado Pablo Otero, que fixo dous obradoiros a algúns cursos de primaria.

Un dos obradoiros consistía en crear obxectos novos con materiais reciclables.

Por outra banda, o obradoiro final chamábase Liso-Rizo, e consistía en facer dous equipos, con dous tipos de cartas, e 3 xogadores no campo de xogo. Xirábase unha ruleta, para decidir que tipo de carta tocaría. As vermellas eran cartas de facer algún tipo de acción, e as negras de cultura xeral. 

Finalmente, firmou no noso libro de ouro xunto a un debuxo artístico.

Resultou unha magnífica xornada artística!!!


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails