29/11/19

QUE SABEMOS ? - QUE QUEREMOS SABER DA RECICLAXE?



Neste curso 2019/2020 estamos facendo investigación sobre a reciclaxe, para concienciarnos da importancia  do uso dos tres "R":


REDUCIR - REUTILIZAR - RECICLAR.


Polo que as Mochilas Verdemáns, son as encargadas de traernos información sobre os contedores que hai nos distintos lugares onde a rapazada vive, e ademais o alumnado elabora  obxectos moi creativos, reutilizando material como: caixas de ovos, botes plásticos de iogures, de queixo,etc...

Abofé que están aportando ideas moi orixinais, onde se xunta ARTE, CREATIVIDADE, IMAXINACIÓN, e sobre todo CONCIENCIACIÓN CO MEDIO AMBIENTE.

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, a rapazada do noso colexio, leu a súa folla de rexistro do que sabían e o que querían saber sobre a RECICLAXE, e ademáis cantaron unha canción da reciclaxe que eles crearon coa axuda do mestre de Música, onde o alumnado de 5º de Primaria acompañou en directo con instrumentos de percusión.

Foi unha xornada moi  pracenteira!

En breve subiremos un PODCAST, para que poidades deleitarvos con dita canción.

PD: Grazas ás familias pola colaboración nas mochilas Verdemáns. 

 

VISITA DE EXALUMNOS/AS Ó CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE

O pasado día 4 de Novembro, visitaron o cole dúas ex-alumnas de 1º da ESO do instituto Fragas do Eume. Uns nenos de 6º entrevistáronas para contarnos como lles ía a súa experiencia no instituto.

Unha das nenas que se chama Inés, estivo 4 anos en Inglaterra e foise do cole aos 8 anos cos seus irmáns.

Volveu este ano no verán coa súa familia.

A outra alumna é Claudia unha nena que estivo dende Infantil ata Primaria neste colexio.


Logo viñeron outros alumnos que tamén estiveron neste cole, chámanse Álex e Sara.

A eles preguntámoslle pola cafetería/comedor.


Rematamos, pero antes agradecerlles ás locutoras e ós/ás técnicos/as o seu bo traballo.

ENTREVISTA Ó CASTAÑEIRO

APROVEITANDO QUE TIÑAMOS UN CASTAÑEIRO NO MAGOSTO PARA ASAR CASTAÑAS,  ALGÚNS DOS ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA, ANIMÁRONSE A FACERLLE UNHA ENTREVISTA A EL E Ó SEU FILLO, O QUE ESTÁ A HERDAR DO SEU PAI ESTE OFICIO TAN ENTRAÑABLE.

FOI UN VERDADEIRO PRACER CONTAR CON ELES NESTE DÍA TAN ENXEBRE, E SOBRE TODO AGRADECERLLES A SÚA AMABILIDADE POR PRESTARNOS PARTE DO SEU TEMPO NA ENTREVISTA QUE SE LLES PREPAROU.

DÉIXOVOS COA ENTREVISTA!!!
 
Micros todos abertos,
dende a Radio Lorolareto,
para soñar espertos,
dende as ondas do Eume.

                      Agradecementos a: 
                      Locutores: Uxía e Iago
                   Técnicas: Sarai e Nerea 


                  


Na celebración do Magosto e o Samaín tivemos un día espectacular .

  Todas as clases tiveron que participar na decoración de cabazas, para despois expoñer na  entrada do colexio. 


ENTREVISTA  PEARES


    Bo día rapazada!!!      

  

Hoxe traémosvos a entrevista que fixemos a algúns alumnos/as do seu paso polo centro de inmersión lingüística "Os Peares".

Esperamos que vos guste!!!

Agradecementos a:

Locutores: Xabi e Diego.

Técnicas: Clara e Carolina.

Editores: Xabi, Diego e Pau.

 


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails