O Mércores 26, todos os alumnos e alumnas do Centro, asistiron a unha sesión de contacontos, dentro do proxecto: "CONTOS PARA FALAR", que está a desenvolver a Secretaría de Política Lingüística en toda Galicia.
- En Infantil a actividade xirou en torno ao conto:
"A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ"
Seguro que coñeces ao Ratiño Pérez, pero... a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle? Neste conto descubrirás que serven para protexernos de todas as bruxas malas do mundo...
Autores: Fidel del Castillo e Mabel Piérola.
- No 1º Ciclo:
"A VELLA QUENLLA PERDE OS DENTES"
No máis fondo e mollado do mar, vivía unha quenlla branca, gorda coma unha balea, que xa non lembraba a súa idade, tan vella como era. Esta vella e despistada quenlla tamén era moi larpeira e unha noite confundiu unha pedra cunha rica e saborosa madalena...
Autores: Xabier López López e Manuel Uhía
- No 2º Ciclo:
"O NENO QUE TIÑA MEDO DOS ROBOTS"
"O ROBOT QUE TIÑA MEDO DOS NENOS"
Riiiiiiiiiiinnngg!!! Soou o timbre do reloxo espertador. Luís estirou a man. Premeu o botón do espertador e o timbre calou...
Autores: Miguel Vázquez Freire e José Tomás.
- No 3º Ciclo:
"A ODISEA CONTADA AOS NENOS"
Neste fermosísimo relato nárranse as aventuras que vive Ulises -coñecido como Odiseo en Grecia- navegando polo mar Mediterráneo. Enormes tempestades azoutan a súa nave porque o deus do mar, Poseidón, quérelle facer mal ...
Autora: Rosa Navarro Durán