O xoves 26, unha representante da Cooperativa de Educación Medioambiental de Culleredo, Sandra, impartiu unha charla na biblioteca, falounos dos Espazos Naturais Protexidos de Galicia e mostrounos unha presentación con moita información e fotos moi fermosas destes Espazos Naturais . Foi unha actividade moi interesante. Grazas Sandra. Parabéns polo voso traballo.
Kofi Annan, Secretario General de las Naciones Unidas:
"La violencia de género es quizás la más vergonzosa violación de los derechos humanos. Mientras continúe, no podemos afirmar que estemos logrando progresos reales hacia la igualdad, el desarrollo y la paz".
O venres ,20 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos de Nenas e Nenos, ou Día Mundial da Infancia. Neste enlace atoparedes a enumeración e explicación destes dereitos:
Premendo neste enlace poderás acceder ás reseñas de cada un destes novos libros e así será moito máis fácil elixir os que che apetece ler ou levar en empréstito:
Vía ANB, despois de ler a entrada: "De mi jardín a la Fotopedia", facendo un percorrido polas imaxes da Fotopedia atopei este slide de catro estupendas fotos do Sistema Solar.Se premes no segundo icono da dereita poderás velas en pantalla completa.
Estes días as alumnas e alumnos do 3º ciclo durante a "HORA DE LER" acuden á sala de informática para traballar nunha das dúas webquest propostas a través dos concursos da biblioteca que este 1º trimestre teñen o lema de :
Inspirado nun conto escrito polo cubano Andrés Pi Andreu, “O Diario de Berto” é o reflexo do mundo actual visto a través dos ollos dun neno de oito anos que vai escribindo as súas impresións nun caderno, a modo de diario. Na serie estarán presentes todo tipo de problemas que comparten as sociedades modernas: a existencia de familias monoparentais, a amizade e tolerancia entre distintas razas, as relacións entre irmáns de distintos pais, a mala alimentación, a hixiene… En definitiva, quere ser unha nova ollada de cara á infancia dun mundo globalizado e cambiante, pero reflectida nunha cidade absolutamente normal, onde a vida semella transcorrer sempre igual.
O venres día 6, aproveitando a celebración do SAMAÍN, iniciamos as "Lecturas Compartidas" deste curso 09/10 cun libro titulado:
Quen lle ten medo á tormenta?
Dúas alumnas e un alumno de 4º curso: Paula, Alejandra e David, leron para tod@s nós. Tamén informamos de que temos na biblioteca outros títulos desa colección:
Quen lle ten medo ó lobo?
Quen lle ten medo á araña?
Quen lle ten medo á bruxa?
Seguro que despois de escoitar esta lectura vos animades a ler toda a colección...
Foi moi importante a colaboración da mestre de música , Isabel, acompañada por un grupo de alumnado de 3º e 4 curso, que (ocultos tras un biombo) se encargaron de imitar con instrumentos os sons propios da tormenta e con lanternas os efectos de luz.
Tamén fixemos unha exposición con todas as cabazas que decoramos, os cestos de froitas, as postaise osdebuxos. Cantamos cancións de SAMAÍN e bailamos todos/as xuntos/as o baile dos pantasmas. Foi moi divertido.
Fixádevos na cara de susto dalgúns nenos e nenas durante a lectura...
en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume)
ACTIVIDADES:
10:15.- Benvida á festa. 10:30.- Presentación da exposición de froita en concurso. 10:45.- Actuacións dos nenos/as, temas relacionados coa froita: pareados, cancións, debuxos...
11:30.- Xogos tradicionais, charla e demostración. 12:15.- Entrega de premios do concurso de redacción e debuxo coa lectura das redaccións gañadoras.
12:45.- Concurso de froita de outono – entrega de premios: Un premio á mellor variedade en perigo de extinción . Outro premio á mellor variedade. 13:15.- Degustación de froita ó natural e cociñada preparada polo alumnado de 6º curso de Primaria e por representantes de AGFA , coa colaboración das familias. ________
Dende a Biblioteca estamos a facer unha recompilación con todos os traballos realizados no colexio sobre a FROITA AUTÓCTONA: Debuxos, redaccións, pareados, cancións, receitas; para elaborar un libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca, e que levará o título de: