23/4/22

DÍA DO LIBRO- 23 de abril 2022

Bo día, rapazada!

 A que non sabedes que fixemos estes días? 

 Pois senón o adiviñáchedes..., estes días fixemos unha manualidade chamada:

"CONTOS ENFRASCADOS" 

que trata de recrear un conto nun frasco, poñendo as cousas necesarias dentro del. 

O  luns 25 de abril tedes que tratar de adiviñar que contos fixemos.

 ADIVIÑA ADIVIÑANZA...

QUE CONTO TEÑO NA PANZA?


Esperamos que adiviñedes moitos dos contos.

Mentres, vos deixamos cunhas fotiños da realización dos traballos


Feliz Día do Libro de Raioteca


Xa foron adiviñando algúns dos frascos co conto axeitado!!!
Estupendo traballo, rapazada!!!👍👍
 

Adiviña, adiviñanza que conto teño na panza... de Mila

DÍA DA TERRA - 22 DE ABRIL

CELEBRANDO O DÍA DA TERRA 

DOMADORAS DO MAR



 Que nervios... antes de entrevistar a estas dúas mariscadoras  da nosa zona !!!
  Grazas ás dúas por compartir o voso tempo e a sabedoría dos anos de experiencia neste voso traballo, tan duro e tan importante á vez.

Foi un verdadeiro pracer , tervos connosco nesta nosa radio escolar!!!

Agora toca desfrutar da entrevista  ás mariscadoras Isabel e Carmen , que non cabe a menor dúbida que son todas unhas domadoras do mar.



 

19/4/22

ABRIL - MES DO LIBRO

 Sabedes que damos comezo ao mes de ABRIL?

Este sábado 2 de abril foi o Día internacional do libro infantil e xuvenil, por iso, tanto Lorolareto coma min  estamos entusiasmados para neste mes, facer actividades artísticas-lectoras con libros da nosa biblioteca "Soños de Andel".

Estades preparados? Abofé que siiiii!

Propoñémosvos un reto! Seredes quen de meter un conto nun frasco?

 Seguro que estades a pensar que é unha tolemia, pero non ... é toda unha ledicia! 

Debedes formar equipos e presentar os vosos contos enfrascados, co voso nome, apelidos, clase e nome do conto na parte de abaixo do frasco. 

Ah! Non esquezades pechalo ben!

A última semana de abril, deberán estar expostos na entrada principal do noso colexio, para que por quendas poidades adiviñar  que contos enfrascaron os vosos compañeiros dos diferentes cursos.

8/4/22

OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS

OBRADOIRO DE RADIO   

  Bos días, o 5 de abril visitáronnos Xerardo e Damián de Ponte Nas Ondas. Explicáronnos como grabar e editar un podcast. Tamén ensináronnos a como pronunciar e falar nunha grabación. 

Despois do recreo fumos a grabar un programa en directo os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria. E aquí temos á nosa compañeira Alicia de 5º. Farémoslle unhas preguntiñas para saber como foi a súa experiencia.

 Alá vamos!                      

Que che pareceron Xerardo e Damián?                                                                                                              Parecerónme moi divertidos.                                                                                         

Que che pareceu o podcast en directo?                                                                                                      Pareceume moi gracioso, sobre todo cando cantan a Vaca Lola e a parte dos nosos compañeiros Amaia e Hugo.

E agora imos a ver cal foi a experiencia dunha nena de cuarto chamada Berta.

Que che pareceron Xerardo e Damián?                                                                                                         Pois parecéronme moi divertidos e ensináronme moito  para o ano que vén, porque  xa vou  estar na radio Lorolatero.

Qué che pareceu o podcast en directo?                                                                                                           Pareceume unha idea moi divertida da que  aprender moito, para facer programas de radio, o curso que vén.

E ata aquí a nosa pequena entrevista. Esperamos que vos gustara. 

Despidímonos dende a clase de 5º de primaria, mais non antes sen dicirvos, que foi todo un pracer ter con nós a Xerardo e a Damián, para seguir aproveitando a súa sabedoría radiofónica e dese xeito aprender moitísimo para levar á práctica na nosa Radio Lorolareto.

Ata outra dende as ondas do Eume !!!!





1/4/22

ENTREVISTA Á NAI DE MATEO

Mateo de 6º de Primaria agasallounos este luns 28 cunha entrevista á súa nai, para como muller traballadora, saber máis do seu traballo, e da necesidade de que todos e todas somos moi importantes na vida e en todos os traballos, tanto sexamos mulleres coma homes.


''Grazas a todos os meus  compañeiros e compañeiras, e tamén a miña nai por concedernos esta entrevista e contarnos un pouco do seu libro da vida''

21 de Marzo - Día da Poesía

 POESÍAS PARA UCRAÍNA



Bo día rapazada, como ben sabedes, o 21 de marzo é o  Día Mundial da Poesía, e os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un programa de radio  para agasallar aos nenos e nenas ucraínos para que a poesía sempre sexa un símbolo de unión e solidariedade entre pobos.






Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails