17/5/14
10/5/14
Recompilación actividades LETRAS GALEGAS 2014.
No blog de Bibliotecas Escolares de Galicia atopamos varias entradas que recollen actividades e eventos relacionados coa figura de Díaz Castro, autor homenaxeado nas letras Galegas 2014:
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - I
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - II
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - III
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - IV
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - I
Maio, mes das Letras: Xosé María Díaz Castro - IV
MAIOS 2014
O pasado mércores, 30 de abril, como en anos anteriores, celebramos OS MAIOS.
Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa colaboración das familias, elaboramos tres maios.
Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa colaboración das familias, elaboramos tres maios.
Educación Infantil, participou cun "PALLEIRO",
1º e 2º ciclo de primaria elaboraron un "CRUCEIRO" e
o 3º ciclo "O MOSTEIRO DE CAAVEIRO".
Despois da presentación dos maios o alumnado cantou cantigas tradicionais para conmemorar esta data.
Así mesmo participamos no concurso dos maios organizado polo Concello de Pontedeume e, co maio "Mosteiro de Caaveiro", acadamos o 2º puesto.
Tedes as imaxes das diferentes xornadas na galería: Maios Andrade. Maios Pontedeume.
Tamén podedes ver os VÍDEOS.

Parabéns a toda a Comunidade Educativa
por tan fermoso traballo.
MERCADILLO DE LIBROS
vOs libros proceden de doazóns das familias do alumnado do colexio e do expurgo da nosa Biblioteca.
vPódense adquirir
ao precio simbólico dun euro.
vOs cartos recadados serán
para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.
LIBROS MÁIS LIDOS. AUTORES PREFERIDOS
Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionamos unha lista cos libros máis emprestados durante este curso 2013/2014.
Temos unha exposición á entrada da Biblioteca cos dez títulos máis lidos, titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”, entre os que figuran: El libro inquieto, Os piratas, Hospital de juguetes, Caperucita descolorida, A cabra boba...
Tamén temos unha pequena exposición con libros dedicados por algúns dos autores que este curso pasaron polo colexio:
Antón Cortizas, Carlos Negro, Xosé Tomás e Antonio Manuel Fraga Allegue.
Foi unha sorte poder contar con estes fantásticos escritos.
Moitas grazas a todos!!!
CREAMOS BANDA DESEÑADA EN GALEGO E INGLÉS
Á entrada do colexio podedes ver a exposición dos traballos de banda deseñada, que tomando como tema central o medievo, elaborou todo o alumnado de Primaria. Dende 1º ata 4º en inglés, e no 3º ciclo en galego.
Aquí vos deixamos unha mostra das portadas.
Aquí vos deixamos unha mostra das portadas.
Parabéns polos vosos traballos!!!
4/5/14
CONTACONTOS EN ABRIL
Tamén neste mes de abril recibimos a visita de Inacio (fantoches Baj), un xenial contacontos, que nos fixo pasar uns momentos moi divertidos. Grazas ao Consorcio Editorial Galego por financiarnos esta actividade.
XILDAS.
OS ALUMNOS E ALUMNAS DO 2º CICLO LERON E TRABALLARON NA CLASE O LIBRO “XILDAS” do escritor eumés Antonio Manuel Fraga Allegue.
Como colofón desta actividade recibiron a visita do autor o día 25 de abril
.
Tiveron oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o argumento e personaxes do libro, pero tamén sobre as vivencias relacionadas coa súa vila natal, Pontedeume.
Tiveron oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o argumento e personaxes do libro, pero tamén sobre as vivencias relacionadas coa súa vila natal, Pontedeume.
Foi unha sesión moi interesante. O autor agasallounos con esta fermosa presentación. Moitas grazas Antonio e ATA PRONTO!!!
TEATRO EN ABRIL.
O 24 de abril recibimos no colexio á compañía teatral “LEDA” que representaron a obra: “A SÚA VIDA”: Un neno e unha nena que camiñan a súa vida xuntos…
Foi un éxito total. Disfrutamos moito.
Parabéns a estes dous estupendos actores!!!
Ata pronto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)