21/12/19
15/12/19
"VISITA Á AULA DE ECOLOXÍA URBANA DE FERROL E O MUSEO SGHN"
Neste trimestre o alumnado do noso colexio CEIP Plurilingüe de Andrade, foi a obradoiros de concienciación do MEDIO AMBIENTE, na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, onde realizaron actividades de reciclaxe, e de concienciación do coidado do MEDIO AMBIENTE.
O alumnado de 4º, 5º e 6º crearon slogans e o alumnado de 1º, 2º e 3º realizaron un obradoiro de reciclaxe de papel coa creación dunha libretiña.
O alumnado de 6º de Primaria saíu no xornal da Voz de Galicia, cando estaba a realizar o obradoiro " A túa idea conta" na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, o pasado martes 10 de decembro.
Foto: I. Valerio |
Cambio climático
El aula municipal de Ecoloxía Urbana ubicada en el Cantón desarrolla una intensa actividad durante el curso. La bióloga Cris López y la ambientalista, Alba Nebril, ejercen como educadoras ambientales y reciben tanto a niños como adultos de martes a domingo. Esta semana ha sido un poco especial por la coincidencia con la edición número 25 de la Cumbre del Clima celebrada en Madrid y que ha abordado la crisis climática ahondando en la búsqueda de soluciones para mitigar y contrarrestar los peligros que este fenómeno ocasiona. Sobre esos asuntos trabajaron ayer con alumnos del CEIP de Andrade, de Pontedeume, que realizó una visita programada al aula. El profesor, Diego Fernández Carballeira, acompañaba a los alumnos de sexto de primaria que están involucrados en un proyecto ecológico que se desarrolla transversalmente en el centro. Pero en el aula del Cantón también los adultos muestran interés por el medio ambiente y participan en los talleres de reutilización de materiales y de cosmética natural que periódicamente organizan. El aula está abierta de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 18.00 horas y las educadoras señalan que cada vez tienen más demanda todas las actividades relacionadas con el cambio climático.
Déixovos o enlace da noticia publicada o día 11 de decembro de 2019 na Voz de Galicia
*En breve subiremos un PODCAST das experiencias deste día cultural, para a conciencia do medio ambiente.
*En breve subiremos un PODCAST das experiencias deste día cultural, para a conciencia do medio ambiente.
Como remate da saída, fíxose unha visita cultural e moi interesante ao MUSEO da SOCIEDADE GALEGA de HISTORIA NATURAL ( SGHN).
FOI TODA UNHA EXPERIENCIA !!!
A rapazada estivo moi motivada e atenta a todas as novidades naturais, que naquel museo foron descubrindo.
Déixovos algunhas fotos do museo, para que as desfrutedes coas vosas familias!!!
O PAÍS DOS MANDÓNS
OLA DE NOVO!!!
Aquí estou para falarvos do que fixo o alumnado de 6º de primaria, dende a biblioteca , para conmemorar o día da NON VIOLENCIA DE XÉNERO deste ano.
O pasado xoves 5 de decembro ,estes artistas de 6º fixeron un teatro lido, do conto moi coñecido de Paloma Rodríguez " O PAÍS DOS MANDÓNS".
Abofé que foi todo un éxito!!!
En breve, subiremos ao blog o vídeo, para que desfrutedes desta fantástica posta en escena.
Por certo! A autora do libro, PALOMA RODRÍGUEZ, estará connosco en MARZO. Que gustazo será tela aquí no noso colexio, e poder exprimir toda a súa sabiduría.
EDUCACIÓN VIARIA NA NOSA BIBLIOTECA
O alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria , asistíu á nosa biblioteca con entusiasmo para unha charla de concienciación viaria; onde a través dunha presentación de dous policías locais , aprenderon e reforzaron o seu coñecemento sobre educación viaria.
Abofé que xa sabían moito, pero estiveron moi atentos e involucrados na actividade, onde o que máis lles gustou foi facer a comprobación dos tests de alcoholemia.
Finalmente, a policía local deixóulles unha folla de rexistro de infraccións para facer un seguimento de todos os incumprimentos que poidan observar no día a día , con respecto á EDUCACIÓN VIARIA na súa contorna.
*Grazas á Policía Local polo seu traballo, en especial por esta formación de educación viaria no noso colexio.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -- 25 N
O 25 de novembro, co gallo do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o alumnado de 5º de Primaria agasallounos cun microrelato versionado en galego dun libro moi coñecido:
"¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?"
Grazas ao alumnado de 5º de Primaria.
MÚSICA: Grandes intérpretes- Violonchelo
29/11/19
QUE SABEMOS ? - QUE QUEREMOS SABER DA RECICLAXE?
Neste curso 2019/2020 estamos facendo investigación sobre a reciclaxe, para concienciarnos da importancia do uso dos tres "R":
REDUCIR - REUTILIZAR - RECICLAR.
Polo que as Mochilas Verdemáns, son as encargadas de traernos información sobre os contedores que hai nos distintos lugares onde a rapazada vive, e ademais o alumnado elabora obxectos moi creativos, reutilizando material como: caixas de ovos, botes plásticos de iogures, de queixo,etc...
Abofé que están aportando ideas moi orixinais, onde se xunta ARTE, CREATIVIDADE, IMAXINACIÓN, e sobre todo CONCIENCIACIÓN CO MEDIO AMBIENTE.
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, a rapazada do noso colexio, leu a súa folla de rexistro do que sabían e o que querían saber sobre a RECICLAXE, e ademáis cantaron unha canción da reciclaxe que eles crearon coa axuda do mestre de Música, onde o alumnado de 5º de Primaria acompañou en directo con instrumentos de percusión.
Foi unha xornada moi pracenteira!
En breve subiremos un PODCAST, para que poidades deleitarvos con dita canción.
PD: Grazas ás familias pola colaboración nas mochilas Verdemáns.
VISITA DE EXALUMNOS/AS Ó CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE
O pasado día 4 de Novembro, visitaron o cole dúas ex-alumnas de 1º da ESO do instituto Fragas do Eume. Uns nenos de 6º entrevistáronas para contarnos como lles ía a súa experiencia no instituto.
Unha das nenas que se chama Inés, estivo 4 anos en Inglaterra e foise do cole aos 8 anos cos seus irmáns.
Volveu este ano no verán coa súa familia.
A outra alumna é Claudia unha nena que estivo dende Infantil ata Primaria neste colexio.
Logo viñeron outros alumnos que tamén estiveron neste cole, chámanse Álex e Sara.
A eles preguntámoslle pola cafetería/comedor.
Rematamos, pero antes agradecerlles ás locutoras e ós/ás técnicos/as o seu bo traballo.
ENTREVISTA Ó CASTAÑEIRO
APROVEITANDO QUE TIÑAMOS UN CASTAÑEIRO NO MAGOSTO PARA ASAR CASTAÑAS, ALGÚNS DOS ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA, ANIMÁRONSE A FACERLLE UNHA ENTREVISTA A EL E Ó SEU FILLO, O QUE ESTÁ A HERDAR DO SEU PAI ESTE OFICIO TAN ENTRAÑABLE.
FOI UN VERDADEIRO PRACER CONTAR CON ELES NESTE DÍA TAN ENXEBRE, E SOBRE TODO AGRADECERLLES A SÚA AMABILIDADE POR PRESTARNOS PARTE DO SEU TEMPO NA ENTREVISTA QUE SE LLES PREPAROU.
DÉIXOVOS COA ENTREVISTA!!!
Micros todos abertos,
dende a Radio Lorolareto,
para soñar espertos,
dende as ondas do Eume.
Agradecementos a:
Locutores: Uxía e Iago
Técnicas: Sarai e Nerea
26/10/19
REPRESENTACIÓN DE
"SEMENTES DE PAPEL"
TEXTOS E ILUSTRACIÓNS
Bea e Silvia Gil
Este magnífico conto, ensínanos o importante que é coidar o noso PLANETA, facendo un bo uso do PAPEL, para deste xeito concienciar de non cortar árbores sen control algún.
A súa mensaxe é extraordinaria e desexamos que con ela, todos e todas poidamos mentalizarnos da importancia dos bosques, pois son os nosos pulmóns, que debemos coidar e mimar sempre.
O pasado 18 de outubro , o alumnado de 5º de Primaria, prantou unhas excelentes sementes para concienciar ao alumnado e profesorado da importancia dos nosos bosques, a través da representación deste fermoso conto.
Fixérono moi ben!!!
Para que estas sementes xerminen correctamente, debemos seguir mimándoas con moita conciencia e cariño para conseguir un Planeta mellor.
Ánimo, está nas nosas mans!!!
PD: Grazas a Iván e Lucía, que presentaron o conto.
MOCHILAS VERDEMÁN
Este curso 2019/2020 as MOCHILAS VIAXEIRAS transformáronse en MOCHILAS VERDEMÁN, pois como ben todos e todas xa sabedes, o noso Proxecto de centro está relacionado coa RECICLAXE, polo que precisamos que as familias aportedes información de moitas cousas relacionadas coa temática, que pouco a pouco teredes que traernos na mochila verdemán.
Moitas grazas FAMILIAS pola vosa colaboración!!!
PARABÉNS ao alumnado e profesorado de 1º e 2º dePrimaria,
que representou o conto "Capitán Verdemán" con moita creatividade e entusiasmo.
E non quero esquecer aos presentadores dese día: Pau, Dafne e Iria que o fixeron moi ben.
OBRADOIRO DA RADIO OUTUBRO 2019
OLA DE NOVO , RADIOOÍNTES!!!
O PASADO MES DE OUTUBRO TIVEMOS , COMO BEN SABEDES OS BIBLIOTECARIOS/AS
DE 5º E 6º DE PRIMARIA, UN GRATIFICANTE E PRODUTIVO OBRADOIRO DA RADIO,
ONDE ESTIVEMOS PRANTANDO MÁIS SEMENTES DE ORALIDADE, PARA NESTE
CURSO 2019/2020 FACER OS NOSOS DIRECTOS NA HORA DO RECREO.
SOAMENTE ESPERO COMO MASCOTA DA VOSA RADIO, QUE TODOS E TODAS
PASEDES POLO NOSO ESTUDO DE GRAVACIÓN E APRENDADES DESFRUTANDO
DESTA FERRAMENTA TAN EDUCATIVA E MOTIVADORA.
Micros todos abertos,
na radio Lorolareto,
para soñar espertos,
dende as ondas do Eume.
PD: Esquecía decirvos, que esta semana vindeira xa faremos radio no noso novo estudo.
SEMENTES DE PAPEL - PDI 2019/2020
PDI CURSO 2019/ 2020
Ola rapazada!!!
Neste curso, vouvos propoñer unha tarefa "MOI IMPORTANTE" que trata
sobre a RECICLAXE e coidado do noso PLANETA.
Por iso como xa todos e todas sabedes, este curso presenteivos a un novo amigo
que sabe moito de como reciclar; a que xa sabedes de quen vos estou a falar?
Abofé que si!!!
O meu amigo Capitán Verdemán,
el é todo un superheroe da reciclaxe,
onde ten moi claro que
para o Planeta salvar,
en CLAVE "R"
debemos pensar.
Esperamos , tanto eu como o meu amigo, que aprendamos moito e poñamos en acción
todo o coñecemento que vaiamos aprendendo, para este problema da contaminación,
quentamento global, cambio climático,... poidamos mellorar e ao noso Planeta salvar.
Ánimo e moitas gañas !!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)