22/2/14

A voz que sempre nos asombra. ROSALÍA DE CASTRO


O luns 24 de febreiro, celebraremos o día de Rosalía.

Este ano o poema elixido é Alborada, inspirámonos no libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. 
Todo o alumnado, dende Infantil ata o 3º ciclo de primaria, participamos na elaboración dun macro mural que debido ás inclemencias do tempo non puido ser graffitiRosalía, pero iluminará igualmente os muros do colexio. 
Tamén cantaremos e recitaremos para que a voz de Rosalía nos invada.
O luns teredes a reportaxe completa da celebración deste día.
De momento deixámosvos unha mostra do noso traballo.






21/2/14

DÍA DO AMIGO

Por fin chegou o día, e os nenos e nenas do 1º ciclo presentáronnos o conto "Ser amigos".
Como "unha imaxe vale máis que mil palabras", aquí tedes a reportaxe fotográfica.


Unha fantástica lectura. Parabéns!!!





13/2/14

SEMANA DO AMOR E AMIZADE NA BIBLIOTECA II


O venres xuntarémonos no Recanto dos Contos para celebrar o Día de San Valentín. 
Para esta ocasión tan especial, o alumnado do 1º ciclo preparounos a lectura  do libro titulado "Ser amigos". Esta vez tócalles aos pequenos ler para tod@s nós. Seguro que o fan fenomenal. Xa vos contaremos, con reportaxe fotográfica incluída.

Ademais deste libro, deixámosvos o enlace a un listado doutros títulos que igualmente tratan o tema do "Amor e a Amizade":





LECTURAS CON CORAZÓN PARA 2º E 3º CICLO.


E un vídeo elaborado con motivo do Día da Paz 2014:
 "Sorrisos de Paz". Unha boa mostra tamén de AMIZADE.





9/2/14

SEMANA DO AMOR E AMIZADE NA BIBLIOTECA



Ao longo desta semana, todas as actividades da Biblioteca xirarán ao redor do Amor e a Amizade, pois o 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín. 

Despois de ler a información deste enlace, seguro que xa estades preparad@s para respostar estas preguntas. 
Boa sorte!!!




2/2/14

PAZ 2014



O xoves 30 de xaneiro celebramos tod@s xunt@s o DÍA DA PAZ 2014.

En primeiro lugar, unha introdución explicando por que celebramos este día e o seu significado.
Despois unha presentación sobre a vida de Nelson Mandela, seguida dun cuestionario de preguntas.
Tamén cantamos unha canción africana en honor a Mandela: "Jambo"
Para rematar, cada curso, dende Infantil 3 anos ata 6º de Primaria, explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela:




3 anosDespois de escalar unha montaña moi alta descubrimos que hai máis montañas por escalar.
4anos: A gloria non está en non caer nunca, senón en levantarse sempre.
5 anos: A Educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo.
1º : Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.
2º: Se queredes facer as paces co voso enemigo, tedes que traballar co voso enemigo, entonces convírtese no voso compañeiro.
3º: Os valentes que desexen conseguir a PAZ, non terán medo a perdoar.
4º: Todo parece imposible hasta que se fai.
5º: Non hai revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que o xeito no que trata aos seus nenos.
6º: Se non hai comida cando se ten fame, se non hai medicamentos cando se está enfermo, se hai ignorancia e non se respetan os dereitos básicos das persoas. A democarcia é unha cáscara baleira, aínda que todos os cidadáns voten e teñan Parlamento. 




Nelson Mandela, traballos infantil primaria from Andrade on Vimeo.


SORRISOS DE PAZ E AMIZADE



LECTURA NO "RECANTO DOS CONTOS"



O mércores 29 de xaneiro, o día previo á celebración do DÍA DA PAZ, tivemos unha xuntanza no Recanto dos Contos. O alumnado de 6º curso ofreceunos a lectura do libro: "O autobús de Rosa". Un exemplo de loita pola igualdade de razas.

Parabéns a estes nenos e nenas por presentarnos esta lectura. 
Moitas grazas!!!






Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails