29/1/08
PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED...
Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.
Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ
28/1/08
POLA PAZ (VI) "Non ás guerras"
Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.
Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ24/1/08
MÚSICA pola PAZ
Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.
Solo le pido a Dios:
Blowing in the wind:
Rosa de la Paz:
Solo le pido a Dios:
Blowing in the wind:
Rosa de la Paz:
Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
21/1/08
POLA PAZ
Os blogues
das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do
dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque
sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o
feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e
entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro
unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as
nosas existencias: PAZ.

E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para
pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa
quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por
conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos
aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que
crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor
primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O
noso labor é axudar por unha mellor sociedade do
futuro.
XUNTOS POLA PAZ
19/1/08
DOUS VIDEOS PARA REFLEXIONAR
En vísperas da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA PAZ , no noso Centro estamos a traballar con dous videos que ilustran a letra de dúas coñecidas cancións: "El Progreso" de Roberto Carlos e "We are the World" de Michael J. and friends.
Dise que unha imaxe vale máis que mil palabras, pero si a imaxe vai acompañada de palabras vale máis que dez mil .......
EL PROGRESO from Andrade on Vimeo.
Dise que unha imaxe vale máis que mil palabras, pero si a imaxe vai acompañada de palabras vale máis que dez mil .......
EL PROGRESO from Andrade on Vimeo.
13/1/08
OBRADOIRO DE POESÍA
Para comezar o ano nada mellor que un OBRADOIRO DE POESÍA.
Dende a Biblioteca propoñemos varias actividades:
1.- Aprender a ler poesía. Como lemos os poemas?
2.- Recollida de poemas inéditos e ilustracións de poesías,
dende Educación infantil ata 6º curso de Primaria.
3.- Recopilación de todos estes poemas e ilustracións nun
"Album de Poesía" , que cada alumno/a terá que
completar (esta idea está recollida no Blog de Bibliotecas
escolares de Galicia, e pareceunos moi interesante). Xa
vos iremos contando........
Ahí vai unha pequena mostra do inicio deste Obradoiro:
OS NOSOS POEMAS from Andrade on Vimeo.
Se queres ver o video en pantalla completa, para ler os poemas, preme en FULL.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)