20/12/23

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez,

 por iso por este Nadal pide un libro para soñar.

Desexámosvos unhas Felices Festas !!!


Desexamos que gocedes deste magnífico festival de Nadal, onde a saúde e o deporte se mesturan con moita imaxinación.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 A rapazada da nosa escola púxose na pel das persoas con diversidade funcional. Actividades como pintar coa boca, facer un recorrido cos ollos vendados, etc..., foi todo un reto para empatizar e visibilizar a colectivos e a persoas  con diversidade funcional , así como o respecto e a educación na diversidade.
Logo, toda a comunidade educativa participou na carreira ENKI que consiste nunha carreira de obstáculos adaptados e un espazo de solidariedade, que pretende sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a súa realidade.
Resultou unha xornada divertida, educativa e solidaria.
Moitas grazas, a toda a comunidade educativa polas súas gañas de participación e colaboración.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails