26/4/18

DÍA DO LIBRO 2018.


Para celebrar o DÍA DO LIBRO, a nosa mascota Raioteca propón un xogo  que leva por título: "Adiviña quen son…"
Despois de escoitar unhas pistas, temos que adiviñar de que conto se trata. Nesta ocasión son contos clásicos, un para cada curso, dende infantil ata 6º de Primaria.
A continuación fixemos pública a lista dos 10 libros máis lidos, que serán expostos no vestíbulo do cole (os Top 10).
Despois entrega de premios aos mellores lectores.
E tamén un agasallo para os encargad@s de Biblioteca.
Para rematar cantamos tod@s xunt@s unha fermosa canción titulada "O Libro".
Nesta presentación temos o desglose destas actividades, e tamén, por suposto, unha pequena reportaxe fotográfica.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!




25/4/18

ACTIVIDADE CON CÓDIGOS QR

Dende a Biblioteca plantexamos unha actividade para realizar en todos os cursos de Ed. Primaria, de 1º a 6º:


COÑECEMOS A BIOGRAFÍA DA ESCRITORA HOMENAXEADA  NAS  LETRAS GALEGAS 2018,
A TRAVÉS DE CÓDIGOS QR.

En cada curso teñen que completar unha ficha, buscando a información contida nuns enlaces, aos que acceden mediante a lectura dun código QR.





2/4/18

Celebramos o día da POESÍA 2018


O venres celebramos o día da poesía.
Raioteca quixo dar os parabéns  aos participantes no certame POESÍA E TECNOLOXÍA, e entregamos un agasallo para cada un deles. 
Iniciamos o recitado dos poemas, só un por cada curso,  despois das vacacións continuaremos co resto das poesías presentadas.
Comezamos con Ed. Infantil, co poema que Raioteca lles enviou, titulado: “El desordenador” da poetisa Carmen Gil.

De 1º curso:  Victoria Piñeiro, cun poema de creación propia, titulado
“O robot eléctrico”. 
De 2º curso: Daniela Sánchez, cun poema escrito por ela, que leva por título,  “O robot con antenas”.  
De 3º curso: Zeltia Díaz, cun poema que atopou navegando por internet, titulado  “Tengo un robot cocinero”.  
De 4º curso: Francisco Bouza, cun poema escrito por él e titulado “Poema Robótico”.  
De 5º curso: Bruno Blanco, cun poema de creación propia, que leva por título “El robot trabajador”. 
Para rematar, de 6º curso: Nerea Freire, cunha poesía escrita por ela e titulada  “Xeración Tecnolóxica”.  
Recordade que á volta das vacacións de Semana Santa continuaremos co recital de poesía do certame: POESÍA E TECNOLOXÍA.

Moitas grazas pola vosa participación!!!!!

POESÍA 2018. POESÍA E TECNOLOXÍA.





VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.




Neste día, cada curso fixo a presentación do seu traballo relacionado cunha das Mulleres Pioneiras Galegas.



Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO

Neste curso, dende a Bilioteca, organizamos unha actividade chamada: "PIONEIRAS" inspirada nun libro de xerais que leva por título: Pioneiras Galegas que abriron camiño.
Cada curso tivo que buscar información sobre unha pioneira, tratar esa información e finalmente expoñela. Na clase de Plástica todo o alumnado fixo caricaturas de cada unha destas mulleres e montamos unha exposición.
En Infantil: CELIA RIVAS, a primeira camioneira.
1º Curso: OLIMPIA VALENCIA, a primeira doutora.
2º Curso: IRENE GONZÁLEZ, a primeira futbolista.
3º Curso: ELISA E MARCELA, a primeira voda entre mulleres.
4º Curso: EXERIA: a primeira escritora.
5º Curso: SOFÍA CASANOVA,  a primeira correspondente de guerra.
6º Curso: ISABEL BARRETO, a primeira almiranta.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails