27/5/12
DESPEDIDA CLUB LECTURA 2011/2012
O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012.
24/5/12
Yiya cóntanos a súa experiencia nos campamentos saharauis.
Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no "Recanto dos Contos". Yiya, a nai de Marina e Diego, relatounos a súa experiencia nunha viaxe que realizou aos campamentos de refuxiados saharauis, en Tinduf. Falounos de como foi a viaxe, a chegada do grupo ao campamento, a paisaxe, a xente, as súas roupas, os seus costumes e sobre todo a súa xenerosidade e a fantástica acollida que alí tiveron. Para a ocasión fixemos unha reproducción dunha jaima, con algúns obxectos típicos de uso doméstico. "Unha imaxe vale máis que mil palabras". Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica, non sen antes darlle as grazas a Yiya pola súa colaboración neste fantástico proxecto: "Coñecernos para querernos" .
MOITAS GRAZAS!!!
Para rematar, cantamos todos xuntos a canción de Macaco: "Mundo roto". Este vídeo foi grabado en Maio de 2009, no campamento de refuxiados saharauis de Dajla.
21/5/12
20/5/12
LETRAS GALEGAS 2012.
vLuns 14 de Maio
Obradoiro de maquetería coa exposición de dúas maquetas: un muiño, e unha pequena central eléctrica.
vMércores 16 de Maio
Co motivo da celebración das
LETRAS GALEGAS, todos os anos, a Unidade Veciñal
"OLMO" en
colaboración con outras entidades, organiza, ademais de Encontros culturais e Xogos
populares, unha Mostra
artesanal á que asistimos con alumnado do colexio. Este ano tamén convocaron un certame de redación : "O meu pobo". Dúas alumnas de 4º curso de primaria levaron dous primeiros premios en distintas categorias, Tamará e Icia. Parabéns!!!
vVenres 18 de Maio
Obradoiro de cestería.
Homenaxe a
Valentín Paz Andrade:
Ás 13h.
Presentación do traballo colaborativo sobre a súa vida e obra, que quedara exposto á entrada do colexio, para despois elaborar un libro xigante para a Biblioteca.
Canto e danza mariñeira (6º
E.P.)
Cancións do mar.
Lectura das dúas redacións gañadoras.
Lectura das dúas redacións gañadoras.
Himno Galego
Exposición dos libros xigantes de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras Galegas.
Eposición de libros, en galego, elaborados polo alumnado do Centro.
Exposición dos libros xigantes de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras Galegas.
Eposición de libros, en galego, elaborados polo alumnado do Centro.
COÑECERNOS PARA QUERERNOS.
Recibimos materiais elaborados polos nenos e nenas do Sahara, que presentaremos e comentaremos na próxima reunión do club de lectura, o xoves 24 de maio. De momento deixamos aquí algúns destos traballos, para que vaiades vendo.
SHADOW THEATRE.
As alumnas e alumnos de 3º curso de Primaria fixeron unha representación de teatro de sombras dunha obra en inglés titulada: "The Three Billy Goats". Tivemos uns invitados moi especiais, os nenos e nenas do 3º curso de primaria do CEIP Couceiro Freixomil, eles tamén representaran para nós no seu colexio unha obra titulada: " The Shoemaker and the Elves".
Ao remate da representación, a nosa auxiliar de conversa, Amy, fixo unha presentación contándonos moitas cousas interesantes do seu país, the USA, e en concreto do lugar onde ela vive: Tenessee. Ademáis agasallounos cunhas galletas típicas americanas, elaboradas por ela mesma, con crema de cacahuete e chocolate. Moitas grazas Amy. Botarémoste moito de menos. Boa viaxe !!!
Tamén queremos desde aquí darlles os parabéns a todos eses fantásticos actores e actrices.
Ata a próxima.
13/5/12
TEATRO EN INGLÉS.
O alumnado do 2º ciclo asistiron a unha representación teatral en inglés cuns actores e actrices moi especiais: os alumnos e alumnas de terceiro curso do CEIP Couceiro Freixomil.
O título da obra: " The Shoemaker and the Elves", todo un éxito. Desde aquí queremos darlles as grazas pola invitación e os nosos parabéns pola súa representación, sabede que quedades invitados ao noso cole á representación do teatro de sombras: "The three Billy Goats" o martes 15 ás 10.30h.
Deixámosvos unha pequena reportaxe:
6/5/12
NAIS
Preme no icono situado no lateral dereito do vídeo para ver estas preciosas imaxes en pantalla completa.
2/5/12
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2012
Para velo en pantalla completa clica aquí
Free website - Powered By Wix.com
ADIVIÑA QUEN SON:
"O LIBRO"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)