29/4/10

A POETISA FERROLÁ JUANA CORSINA.

Dentro das actividades programadas pola biblioteca, para este mes de abril ,estaba a visita da poetisa ferrolá Juana Corsina ,para realizar unha actividade poética co alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria.
O luns 26, chegou por fin, o momento de recibila. Foi unha sesión moi emotiva; en primeiro lugar os alumnos e alumnas gañadores do certame de poesía celebrado no colexio: "Muller e poesía", recitaron os seus poemas, pero non só os/as gañadores/as, senón que Juana fixo que un montón de nenas e nenos a acompañaran na lectura de poemas de todo tipo.
O máis emocionante foi cando nos leu algúns dos seus poemas, que denotan a súa gran sensibilidade.
Tamén nos contou que hai pouco creou un blog chamado
"Cantera de Poetas" , a través del podemos estar en contacto e consultarlle calquera dúbida poética.
Ao remate agasallounos cun exemplar asinado de
"Vaguadas del pensamiento", un poemario editado no ano 2008. Pero o mellor agasallo foi un poema adicado a todos e todas nós:
Espinelas para el CEIP de Andrade
Quise soñar un colegio
y que el sueño fuera hermoso
un colegio que, orgulloso,
fuera alegre y algo regio.
Y encontré ese privilegio
en Pontedeume y su villa
que en Andrade se apostilla
este centro de cultura;
donde con mucha dulzura
se planta buena semilla.
Niños como ruiseñores
que aprenden muchas cositas,
tanto orales cómo escritas
que los llenan de valores.
Son poetas y creadores
de magníficas poesías
que escriben según los días
dedicando su saber;
y a todos gusta leer
pues derrochan simpatías.
Juana Corsina
Primavera 2010


MOITAS GRAZAS JUANA, ATA PRONTO!!!

27/4/10

OS NOSOS AVÓS E AVOAS TAMÉN LEN.

Dentro do proxecto "Recuperando a memoria" fixemos unha recompilación de respostas dalgúns avós e avoas á pregunta PARA QUE LES?.
Esta é a nosa pequena aportación a este gran traballo das Bibliotecas Escolares Galegas.


Exposición PARA QUE LES?:


26/4/10

CHARO PITA NA NOSA BIBLIOTECA


"Nací a la edad de seis años cuando terminé de leer mi primer libro... "
Así comeza Charo Pita o relato da súa vida.
Unha das actividades programadas neste mes de abril, para o alumnado de infantil e 1º ciclo, foi a visita desta fantástica autora e narradora galega.
Previamente lemos dous dos seus relatos: "Velliñas" e "Igor".
É unha contacontos excepcional que nos fixo pasar uns momentos inolvidables.
Moitas grazas Charo e ata pronto!!!
Aquí deixamos unha pequena reportaxe fotográfica desta actividade.


25/4/10

O DÍA DO LIBRO.

"Los libros son a la vez obras de arte y ciencia, y vectores de ideas. Plasman de manera magnífica las diversidades creadoras. Conducen al conocimiento universal y participan en el diálogo entre las culturas. Son instrumentos de paz..."
(Mensaxe de Irina Bokova,
Directora Xeral da UNESCO,
co motivo do
Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor)
Durante este mes de abril no colexio realizamos moitas actividades relacionadas cos LIBROS. Unha delas foi a de elixir o noso libro favorito; o venres 23 de abril léronse algunhas desas tarxetas que explicaban as razóns que facían que fose o libro que recomendaríamos ás nosas compañeiras e compañeiros.
Ese día RAIOTECA trouxo uns agasallos para os/as millores lectores/as de cada curso e un libriño para cada alumn@ coa recompilación dos poemas gañadores do certame de poesia celebrado no colexio no mes de marzo deste ano 2010.
Xa para rematar fixemos, mediante sorteo, intercambio das recomendacións dos NOSOS LIBROS FAVORITOS. Cada un de nós levou a tarxeta dun compañeiro/a do ciclo.
Tamén anunciamos que, durante a vindeira semana, haberá nesas mesmas árbores, onde estaban as nosas tarxetas, e en dous paneis na 1ª planta unha exposición titulada: PARA QUE LES? Con respostas de xente famosa e outra non tan famosa... E un montón de actividades sorpresa relacionadas con esa exposición.



20/4/10

APADRIÑAR UN LECTOR.

Dentro do proxecto "LECTURAS COMPARTIDAS", que comezamos o curso pasado, o alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus
afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos; Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.
Neste caso ben podemos dicir que: "Unha imaxe vale máis que mil palabras":


11/4/10

PROGRAMACIÓN: "Abril, mes do libro"

No lateral esquerdo do blog no apartado de ACTIVIDADES TIC temos o enlace a unha webquest e dúas cazas do tesouro sobre o "Día do Libro", para o alumnado do 3º ciclo.

Tamén durante este mes de abril realizaremos un mercadillo de libros procedentes dunha doazón da nai de dúas alumnas do colexio; son libros para adultos e que os pais/nais poden adquirir ao precio simbólico dun euro. Os cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.

6/4/10

Unha mensaxe de GONZALO MOURE para o noso club de lectura.


A nosa primeira lectura, como membros do club RAIOLECTORES, foi "Palabras de Caramelo", escrito por Gonzalo Moure, que en agradecemento enviounos esta mensaxe.
Para nós foi un precioso agasallo:

"Qué puedo deciros... En mi nombre, gracias. En nombre de Kori, de todos los niños saharauis: es emocionante compartir la vida a través de ese mecanismo mágico que se llama libro. Soy porque me leéis, soy en vuestro corazón. Por eso, cada vez que abrís el libro, mi corazón vuelve a latir. Y Caramelo no dicta solo las poesías que hay en el libro: a cada uno de vosotros os dicta una, solo para ti.
Algún día compartiremos algo, seguro. Un viaje, otro libro, un sueño.
Y, si puedo, os enviaré a Gonzalo, a que os cuente misterios y estrellas de la noche saharaui... "
Hasta siempre.
Kori y Gonzalo.

3/4/10

NOVO GRAFFITI:"As catro estacións"


O noso amigo Abraham estivo traballando para dar colorido á entrada do colexio. Como podedes apreciar neste vídeo o resultado final foi espectacular.
PARABÉNS ABRAHAM!!!
ATA PRONTO.

(Para velo en pantalla completa clica no recadro da parte inferior dereita)

2/4/10

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: "Quédome coa fantasía..."



Dende 1965 o IBBY (International Board on Books for Young People) promove o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o día do nacemento de Hans Christian Andersen. Con ese motivo, cada ano unha sección do IBBY elabora un cartel e unha mensaxe. En 2010 a OEPLI (Organización Española Para o Libro Infantil e xuvenil) foi a encargada de organizar o concurso. Os gañadores foron o escritor Eliacer Cansino e a ilustradora Noemí Villamuza, baixo o lema:

Un libro espera por ti, búscao!



Se premes nesta imaxe: "El libro de los cuentos de Andersen", podes acceder ás portadas de contos e primeiras lecturas de hai moitos anos, entre elas algúns contos de Andersen.


Un vídeo "infantil" para reflexionar: "Me quedo con la fantasía..."



Fragmento da mensaxe para o Día do Libro Infantil:

Un día, mi mano, buscando algo, tocó el lomo del libro. Si yo fuese libro lo contaría así: “Un día la mano de un niño rozó mi cubierta y yo sentí que desplegaba mis velas y comenzaba a navegar.”

¡Qué sorpresa cuando por fin mis ojos tuvieron enfrente aquel objeto! Era un pequeño libro de pastas rojas y filigranas doradas. Lo abrí expectante como quien encuentra un cofre y ansía saber su contenido. Y no fue para menos. Nada más empezar a leer comprendí que la aventura estaba servida: la valentía del protagonista, los personajes bondadosos, los malvados, las ilustraciones con frases a pie de página que miraba una y otra vez, el peligro, las sorpresas…, todo, me transportó a un mundo apasionante y desconocido.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails