Pasárono xenial, aínda que chegaron cansos, pois antes de sementar os versos, fixeron un percorrido cultural polo centro da vila eumesa para coñecer e aprender feitos históricos, arte, etc,... que forman parte da nosa contorna.
21/3/22
SEMENTEIRA DE VERSOS- 21 DE MARZO
12/3/22
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- 8 DE MARZO 2022
FIXÉRONO FANTÁSTICAMENTE!!!
Tivemos unha semaniña ben atarefada para celebrar este día tan especial.
A rapazada de 6º de primaria fixo un podcast, agasallándonos coa historia de catro pioneiras galegas que abriron camiño para centos de mulleres, en profesións e traballos que nos seus tempos, só podían desempeñar os homes.
Desfrutade deste magnífico traballo que fixeron!
Por certo , para rematar esta semana, Carolina de 5º de primaria, sorprendeunos coa visita da súa madriña, á que lle quixo facer unha entrevista dende a nosa radio Lorolareto, por ser unha muller importante no libro da súa vida.
Grazas a Carol e a Fátima, por compartir connosco este intre tan entrañable!!!
4/3/22
PACO NOGUEIRAS- SESIÓN DE CONTACONTOS E MÚSICA- LUNS 7 DE MARZO
"Elmer"
"Ratos na escola"
"O can de Milu"
"Selva"
"Quen é ese becho"
Magnífico contacontos musicado de Paco Nogueiras , onde os nenos e nenas desfrutaron enormemente deste extraordinario profesional!!!
2/3/22
ENTROIDO 2021- BENVIDO NOVO MUNDO
DEIXÁMOSVOS COS TRABALLOS QUE FIXO O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA, PARA CELEBRAR ESTE ENTROIDO 2022, ONDE O MAIOR OBXECTIVO É CONCIENCIAR SOBRE COIDAR E PROTEXER O NOSO PLANETA.
PARABÉNS A TODOS E A TODAS POLO VOSO BEN FACER!!!