Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez,
por iso por este Nadal pide un libro para soñar.
Desexámosvos unhas Felices Festas !!!
Un libro é un agasallo que podes abrir unha e outra vez,
por iso por este Nadal pide un libro para soñar.
Desexámosvos unhas Felices Festas !!!
A rapazada da nosa escola púxose na pel das persoas con diversidade funcional. Actividades como pintar coa boca, facer un recorrido cos ollos vendados, etc..., foi todo un reto para empatizar e visibilizar a colectivos e a persoas con diversidade funcional , así como o respecto e a educación na diversidade.
Logo, toda a comunidade educativa participou na carreira ENKI que consiste nunha carreira de obstáculos adaptados e un espazo de solidariedade, que pretende sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a súa realidade.
Resultou unha xornada divertida, educativa e solidaria.
Moitas grazas, a toda a comunidade educativa polas súas gañas de participación e colaboración.
Hoxe 25 de novembro de 2023, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
Este ano a campaña da ONU (Organización de Nacións Unidas) coa súa campaña ÚNETE! , quere investir para previr a violencia contra as mulleres e as nenas.
A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz e tamén o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas.
A promesa dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable(ODS) é de non deixar que ninguén quede atrás, polo que non poderá cumprirse, mentres non se poña fin á violencia de mulleres e nenas.
Nós, dende a nosa escola estamos a facer un recuncho violeta, para concienciar da importancia de poñer fin á violencia. Será un espazo para o diálogo onde teremos libros, que nos axuden a reflexionar sobre esta problemática. Nenas e nenos, están a pintar bolboretas e plumas para ir poñendo unha pegada violeta neste noso recuncho. Está quedando xenial!
Por outra banda, a rapazada dos diferentes cursos, está a preparar unha representación dunha adaptación en galego do libro:
Las niñas serán lo que quieran ser
Por certo, o voluntariado de biblioteca, estas semanas está a elaborar tarefas para poñer en marcha a nosa biblioteca Soños de Andel, logo de estar facendo reubicacións dos libros, do sistema, etc,...
Estades a facer unha labor espectacular!!!
Abofé que a biblioteca é auténtica , diversa e moi educativa, pola labor que fadedes acotío.
Non esquezades, que neste curso tamén seguiremos co noso proxecto :
Sementando Patrimonio Ecolóxico-Natural e Cultural
Continuaremos dando visualización á sostibilidade , algo tan importante na sociedade actual, onde as ODS 2030, estarán presentes como obxectivo real no noso proxecto.
Faremos seguimento e estudo das plantas comestibles, árbores frutais plantados no curso pasado e ademáis a elaboración de novas sementes para seguir ampliando o noso bosque comestible e sostible.
Abofé que fixeron un traballo espectacular!!!
Que pracer é ter de novo connosco a Damián Alonso, un gran domador da voz , que este ano como os anteriores, dende a nosa incorporación ao Programa Radio na Biblio, sempre está a compartir e ensinar a esta nosa rapazada .
Hoxe día 18 de maio, a rapazada de 4º e 5º de Primaria, foi partícipe desta xornada de formación, para poder aprender técnicas de voz, de edición de podcasts, etc..., en definitiva, ser máis coñecedores dos segredos que agocha unha radio.
ESTE MAIO FLORIDO,
FAI DESTE MES COLORIDO,
UN SERESÍN , SERESÁN ,
DE CANTIGAS QUE VIRÁN.
Como xa fixemos en cursos anteriores, estamos a xuntar as flores dos maios coas letras galegas, ambas datas tan significativas e tradicionais na nosa cultura galega.
Esta semana, teremos diferentes actividades para celebralo, polo que teremos, elaboración de xincanas, escape room, alfombra de flores para adicarlla ao homenaxeado deste ano 2023, Francisco Fernández del Riego, podcasts, etc...
Mentres ímosvos deixar cun podcast de fai uns anos, onde rapazada do colexio cantou diferentes cantigas da zona, para celebrar os Maios.
Estefanía Padullés , este mércores 26 de abril , presenta no noso colexio o seu libro titulado María Pita e o Pirata, onde vai mostrar as súas dotes tanto de ilustradora coma de escritora.
Vai ser todo un privilexio tela connosco, para gozar neste mes do libro, dun album ilustrado sobre a heroína coruñesa María Pita.