Teño que dicirvos que a rapazada de 6º , 3º e 4º de primaria , estivo elaborando un programa de radio, para dar oralidade ao problema que existe neste século co uso dos plásticos dun só uso. Cando tivemos a visita de Estefanía Padullés , para presentar o seu libro "María Pita e a pirata", un dos rapaces de 6º de primaria lera o libro " Un mundo para Maruxa", lectura que abordaba esta problemática do plástico, e decidiron facer este podcast de concienciación ecolóxica, para celebrar este día do medio ambiente.
Quedoulles moi ben!!!
Parabéns a todos e a todas!!!
Ao longo desta semana, do 5 de xuño, a rapazada está a facer a lectura de diferentes libros relacionados co coidado do medio ambiente, para concienciarnos da importancia de coidar e respectar a nosa Natureza. Estarán a sementar Arte e natureza co fin de facer unha reflexión medio ambiental na procura de salvar o noso Planeta Terra.
Farán un vídeo onde recomendarán o libro, xunto coa creación dun código QR que te dirixirá á recomendación.
Están a quedar xenial!!!
Que colosal traballo feito pola nosa rapazada!!!
Se queredes ver as recomendacións destes contos mirade ben a presentación que vos deixamos cunha recopilación dos traballos feitos para esta semana do Medio ambiente.
Desfrutade moito deles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario