Remata o mes de Maio, "MESDASLETRAS". Para celebralo, organizamos no colexio unha festa con: obras de teatro, recitados, cantigas, exposicións... Aquí tedes unha mostra:
Aínda que xa fixemos moitas actividades no colexio relacionadas coa celebración das Letras Galegas e o seu homenaxeado: "Uxio Novoneyra"; o xoves e venres desta semana terá lugar unha celebración especial na que todo o alumnado fará a súa aportación. Este é o programa:
O mércores 19, todos os colexios de Pontedeume fomos invitados pola Unidade veciñal "OLMO" a visitar unha mostra artesanal e de xogos populares. Había cestería, cerámica de Buño, traballos de cantería, ferreiro, torneado de madeira, pirogravado, traballos de bordado, traballos en coiro e obradoiro de cociña. Tamén elaboramos un boliño de pan que comemos con chocolate. E recibimos un agasallo moi especial; un lote de libros en galego para a nosa biblioteca. Parabéns aos organizadores destas actividades e moitas grazas polos agasallos. Para ver a reportaxe da TVG preme aquí. Estas son algunhas das portadas dos libros que recibimos para a nosa biblioteca.
O alumnado do 3º ciclo fixo unha visita guiada ao Courel. Unha monitora foilles explicando as peculiaridades da Flora e Fauna da zona. O máis emocionante foi que puideron ler os poemas de Uxío Novoneyra "in situ" onde naceron, medraron e viron a luz. Poemas adicados á paisaxe, aos arredores da súa casa, no seu banco favorito, no seu cuarto... Tiveron a gran sorte de coincidir na casa de Uxío coa súa muller, Elba, que moi amablemente, lles amosou todas as dependencias e ademais compartíu con eles, a lectura de poemas e escribiunos unha dedicatoria, no libro "Os Eidos", que gardaremos con moito agarimo na nosa biblioteca. Moitas grazas Elba!!! Esperamos ansios@s a túa visita ao colexio.
Todo o alumnado do colexio participou nun proxecto de traballo sobre a vida e obra de Uxio Novoneyra seguindo as estacións do ano: E.Infantil e 1º ciclo, Inverno:"A miña infancia" 3º curso, Primavera:"A miña xuventude" 4º curso, Verán:"A miña madurez" 5º curso, Outono:"Últimos anos da miña vida" 6º curso: Situación social na Galicia de Uxio Novoneyra e caricaturizando a Uxio. En cada estación do ano elixiron unha escolma de poemas relacionados que escribiron e ilustraron. Aquí tedes o resultado:
Amina é a filla dun poderoso xeque árabe. O que máis desexa é aprender a montar a cabalo, pero no seu pobo non está permitido que as mulleres practiquen a equitación. Un día, Amina coñece a Tarik, que lle ensina a montar e as cousas empezarán a cambiar...
Un grupo de alumnas e alumnos do colexio participaron no X concurso de relato oral "Tiralle da Lingua", que é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... A nosa contada foi o relato: "Orellas debolboreta" da Editorial kalandraka, escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros...
Diferentes ilustradores móstrannos a súa visión da maternidade, cunha mirada diversa, desde idades diferentes e sempre creando un fio de amor entre nais e fill@s. Vía Pinzellades al món (Para velo en pantalla completa, preme no recadro da dereita)
Un dos poemas gañadores do certame de Poesía celebrado no colexio: "Muller e Poesía: