![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhpZ_BV-zYyp09wGDDies-MjFFk53ujVsHMp1hdCI0X2FP3ZC3ISp3-ZKjkbMzY8ud-J_8e75NPpd17-vMzU19FROKw9GNSkL1FAjI64EgOZX01AkG456P5fS6ol4FgD-GXlOKfq2sZPQ/s320/doble.jpg)
"LECTURAS COMPARTIDAS":
Consiste en que os alumnos e alumnas do 3º ciclo lles lean aos alumnos/as de cursos inferiores, pero tamén invitamos aos pais, nais ou familiares a que veñan ao colexio e lean aos nenos e nenas un conto, historia ou relato. Poden traelo da casa ou elixilo entre os libros da nosa biblioteca.
O martes 22, MªCarmen, a nai de Alma de 6º curso, presentounos o conto: "Un extraño dolor de barriga", seguindo coa temática do amor e a amizade proposta para este mes de febreiro.
Alma fixo unha emotiva presentación da súa nai, e MªCarmen sorprendeunos a todos coas súas magníficas dotes de contacontos. Desde aquí queremos darche as grazas pola túa colaboración e os nosos PARABÉNS.