Ola de novo raiolectores e raiolectoras! Aquí tedes toooodas as recomendacións (onde seguro que encontraredes verdadeiras xoias!) pero antes, Raioteca e Loro Lareto teñen unha mensaxe para vós:
Hoxe
é 23 de abril, e celebramos o DÍA DO LIBRO. Neste día tan especial
festéxase a LECTURA co gallo da data na que coincidiron as mortes de
Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso.
A
verdade é que este ano celebrámolo dun xeito diferente por mor do
COVID-19, todos/as estamos confinados nas nosas casas, polo que as redes
sociais, énchense de propostas para homenaxear este día do libro tan
diferente a todos estes anos pasados.
Como
nós non queriamos ser menos, fixémosvos a nosa proposta dende a
BIBLIOTECA SOÑOS DE ANDEL, e aquí vos deixamos algunhas das
recomendacións que nos enviáchedes dende os vosos entrañables fogares. As mestras de Infantil tamén nos deixan, as súas recomendacións lectoras.
Lede a proposta que vos van facer RAIOTECA E LOROLARETO, para festexar o DÍA DO LIBRO, que se celebra este xoves 23 de abril.
Podedes seguir este guión :
- Saúdo.
- Presentámonos.
- Recomendación/lectura dun anaco do libro/representación.
- Non te esquezas de dicir o título e o autor ou autora do libro.
- Non desveledes o final, pois perderá emoción!
Cando o teñades, enviádeo ao correo:
ceipdeandrade5@gmail.com
Indica o teu nome, apelidos e curso, título e autor/a do libro.
CREACIÓN E IMAXINACIÓN EN ACCIÓN.
12/4/20
POEMAS nas VOCES da rapazada da aula
"Mencer de Lúas"
A rapazada de 5º dende as súas casas, por mor do COVID-19, agasallounos cos seus poemas preferidos nas súas entrañables e doces voces, para que estes días de corentena, a poesía inunde os nosos fogares.
Moitas grazas!!!
#FIQUEMOSNACASA
Música: Himno do Antigo Reino de Galicia.
Música:
Guitarra de María Beceiro.
"Un canto a Galicia" na arpa de Daniel Jordán.
3/4/20
DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO
INFANTIL E XUVENIL
2 de abril
O 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans
Christian Andersen,celébrase o día Internacional do LIBRO. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos
libros e a lectura na rapazada, e facer diso, un hábito de vida.
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International
board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro
Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O
obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.