DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO
INFANTIL E XUVENIL
2 de abril
O 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans
Christian Andersen,celébrase o día Internacional do LIBRO. O obxectivo, é espertar o interese e amor polos
libros e a lectura na rapazada, e facer diso, un hábito de vida.
Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International
board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro
Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O
obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.
Concurso GÁLIX "Un poema na túa voz"( Remata o prazo o 10 de abril)
Para poder ler libros gratuitamente, ide á plataforma Galicia Le.
Coa axuda das vosas familias podedes ver, ler, escoitar libros na tablet, no ordenador ou no libro dixital
entrando nesta páxina.
Premede na imaxen e informádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario