6/6/26

3ª MOSTRA DE PROXECTOS

 3ª Mostra de Proxectos do CEIP Plurilingüe de Andrade

Temos o pracer de convidarvos á 3ª Mostra de Proxectos do noso colexio, que se celebrará o próximo lunes 8 de xuño.

Nesta ocasión, o alumnado exporá os traballos realizados ao longo do curso no marco do noso Proxecto Integral de Centro "Tecendo Vida: Unha viaxe polos ecosistemas", unha apaixonante viaxe pola riqueza natural e cultural de Galicia.

Poderedes descubrir os ecosistemas máis emblemáticos da nosa terra: as Fragas do Eume, as Rías Altas e Rías Baixas, as Illas Atlánticas e as Serras de Galicia. Ademáis, atoparedes traballos sobre o corpo humano, ciencias, polos creativos e moito máis.

Esta mostra é o resultado do esforzo, a creatividade e a ilusión de toda a comunidade educativa. Será unha oportunidade única para compartir e celebrar xuntos a aprendizaxe e o traballo colaborativo.

Contamos coa vosa presenza para facer desta xornada un éxito!



Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño

 Día Mundial do Medio Ambiente - 5 de xuño


As Nacións Unidas crearon o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño para recordarnos que coidar a natureza é moi importante para que todas as persoas vivamos mellor.

O tema de 2026 explícanos que protexer o clima non é só contaminar menos, senón cambiar a forma en que facemos as cousas e respectar máis o noso planeta.

Este día é unha oportunidade para que todos (nenos, familias, empresas e comunidades) aprendamos máis sobre o medio ambiente e fagamos cousas para protexelo.

A UNESCO escoita e aprende dos coñecementos de todas as persoas, incluídas as comunidades locais e os pobos indíxenas, para tomar mellores decisións que protexan a natureza.

Esta organización axuda aos científicos a estudar os ecosistemas (bosques, ríos, mares...) e ensina aos gobernos como cuidar os recursos naturais (auga, árbores, animais...) de forma responsable para que non se esgoten.

Dende o noso centro escolar, somos unha comunidade comprometida co Medio Ambiente, pois aportamos diferentes e diversas actuacións co obxectivo de concienciar e dar visibilidade a importancia de coidar a natureza e protexer os ecosistemas.


Estádesvos preguntando cales son eses compromisos que estamos a levar a cabo no noso centro, e que sementan sostibilidade?

Aquí tedes presentacións que xustifican o que estamos a facer para coidar e protexer o Medio Ambiente e deste xeito loitar contra o Cambio Climático.

Parabéns a todo o alumnado polo voso ben facer!!!




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails