29/4/12
23/4/12
PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA.
Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), que nos fai reflexionar sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola.
Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía unha verdadeira reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. (Vía blog da biblioteca do IES Pedro da Aguia)
22/4/12
ENCONTROS DO PLAMBE 2012
Os días 19 e 20 de abril de 2012 tiveron lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) osEncontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012, coa participación de responsables de bibliotecas de 306 centros dos 449 que conforman este programa no presente curso. Todos os materiais (presentacións dos diferentes relatores e informacións adicionais) están dispiñibles na aula virtual habiliada, a través desta LIGAZÓN (pódese entrar como convidado).
Julia González, responsable do CEIP Mestres Goldar (Vigo) realizou unha reportaxe fotográfica da EXPOSICIÓN DE MATERIAIS que os centros participantes achegaron e que se puido ver durante a celebración dos encontros.
15/4/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)