23 de febreiro día de Rosalía de Castro
Este día é moi especial porque naceu Rosalía de Castro no ano 1837. Os nosos compañeiros fixeron un podcast en relación con Rosalía de Castro para facerlle unha homenaxe.
Este día é moi especial porque naceu Rosalía de Castro no ano 1837. Os nosos compañeiros fixeron un podcast en relación con Rosalía de Castro para facerlle unha homenaxe.
Quen vai vir ao noso cole maña venres 18 de febreiro?
Vai vir PEDRO BRANDARÍZ, un contacontos oral que nos vai a impresionar!!!!
Escoitádeo atentamente e xa saberedes as quendas nas que debes de ir ao noso patio cuberto, para desfrutar deste espectáculo.
MÚSICA DE ED SHEERAN | SHAPE OF YOU
A nosa radio escolar ofrece aos nosos ouvintes , contidos informativos precisos e veraces. |
Bo día! Hoxe reunímonos todos e todas para celebrar o Día Da Paz.
O alumnado de 6º fixo un mural adicado ao libro "Unha ponte para Najla" da escritora Maite Herrero Ameixeiras, que nos agasallou Raioteca.
Os nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria, fixeron unhas vacinas pola paz, o amor e a amizade no mundo, e a rapazada de 5º e 6º fixemos un podcast adicado ao Día Da Paz.
Deixámosvos co podcast do audiolibro "Unha ponte para Najla" que a rapazada de 5º adaptou.
Desfrutade moito!!!
Lembrade que é moi importante:
"MUDAR FRONTEIRAS POR PONTES"
Música: Imagine ( The Beatles), Papaventos de papel.
No seguinte vídeo , podedes desfrutar da canción de Paz : "Hierbas y flores", que a rapazada de 5º interpretou instrumentalmente.
GRAZAS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!