OS OBXECTIVOS XERAIS QUE SE PRETENDEN ACADAR SON:
Sensibilizar á comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias, sobre a importancia da coeducación e o traballo na prevención da violencia de xénero.
Potenciar a incorporación da perspectiva de xénero como metodoloxía de traballo que impregne todas as intervencións educativas, tanto dentro como fora do centro escolar (familia, grupos de iguais...).
Ofrecer ao alumnado, ao profesorado e as familias as ferramentas necesarias para potenciar actitudes críticas fronte ás diferenzas de xénero.