Para rematar cantamos unha canción de Mago de Oz, titulada "Hoy toca ser feliz", cunha mensaxe de optimismo para encarar este terrible problema da violencia de xénero.
30/11/14
25N, non á violencia de xénero.
Para rematar cantamos unha canción de Mago de Oz, titulada "Hoy toca ser feliz", cunha mensaxe de optimismo para encarar este terrible problema da violencia de xénero.
17/11/14
10/11/14
A VERDADEIRA HISTORIA DA CIGARRA E A FORMIGA.
O xoves día 6 de novembro a compañia "O Teatro do Andamio" representou no noso cole a obra titulada: "A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga"
6/11/14
O PAÍS DOS MANDÓNS
O 5 de novembro acudimos á Casa da Cultura de Pontedeume para ver a obra teatral "0 país dos mandóns".
No País dos Mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas, xoguen, saian ou traballen fóra das súas casas. O cambio destas normas tan inxustas para crear o novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres. Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración, explican como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos. As súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo. Un conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Integran, por agora, a colección outros dous títulos:"A urna dos desexos" -sobre a democracia participativa e a paridade- e "O segredo de Flora" -ao redor da convivencia e do rexeitamento de calquera tipo de violencia. O nome da colección é: A IGUALDADE CONTA.

3/11/14
VII FESTA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.
O venres 31, celebramos no colexio a "VII Festa da Froita Autóctona do Eume", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
Nesta ocasión, o alumnado de 6º preparou un telexornal, para ir conectando cos distintos cursos que nos presentaron, en vivo e en directo, as súas reportaxes sobre a froita elexida:
5º Curso: O KIWI
6º Curso: A LARANXA
Despois pasamos á entrega de premios ás mellores cestas de froitas, en homenaxe a Carlos Fornos, un importante membro da AGFA, que faleceu este ano.
Entrega de premios tamén ás cabazas: A máis orixinal, a máis terrorífica e a máis divertida.
Finalmente cantamos tod@s xunt@s : "Todo Natural" e "O rap do Magosto"
Pasámolo moi ben e aprendemos un montón sobre froitas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)